Skip to Content

Os alumnos e alumnas de Música gozaron co concerto da Big Band de Valga

Alex Barreiro arrasa co trombón


O alumno do noso instituto Alex Barreiro arrasou co trombón durante o concerto que o pasado 27 de abril ofreceu a Big Band de Valga no Auditorio de Cordeiro. Todos os estudiantes que cursan Música no IES gozaron coa xenial actuación, baixo a batuta do director da Banda Municipal e da Escola de Música, Manuel Villar. Os nosos alumnos Sergio Piñeiro, Ismael Suárez e Brais Villar tamén tocaron, mentres Ana Blanco, María Rodríguez e Antía Villar formaron parte do coro para cancións tan emblemáticas como o "Think" de Aretha Franklin. Case nada.


Sergio Piñeiro


Sergio Piñeiro encandila co saxo.


O coro


As chicas do coro.


Antigos alumnos


Tamén participaron antigos alumnos do IES Valga como Martín, Roi, Tito, Fabián, Moisés e Ana Solla.


Inicio do concerto 


Gracias a todos/as por un gran concerto. E a Ismael Llerena polas estupendas fotos.


O público



page | by Dr. Radut