Skip to Content

Taller de canto con Maythe Leiva (18/03/2011)

A cantante Maythe Leiva acudiu ó Instituto de Valga onde realizou un animado taller de canto cos alumnos e alumnas de 2º e 3º ESO. A excantante da Orquesta Panorama instou á xuventude a que estudie moito e aproveite todas as oportunidades para asegurar un bo futuro en calquera ámbito, incluída a música.
Tras unha presentación realizada polas alumnas Miriam García, Belén Blanco e Raquel Lafuente, Leiva cantou algún dos seus temas favoritos, incluído "Memory" do musical "Cats". Contestou ás moitas preguntas que lle fixeron os rapaces e rapazas sobre asuntos como o coidado da voz, cómo manterse en forma, os seus estudios musicais e as súas experiencias durante as xiras musicais.
Leiva, que amosou en todo momento moita amabilidade e simpatía, recordou que naceu nunha familia numerosa en Andalucía e que os seus pais non lle podían costear os estudios, así que tivo que traballar todo o que podía para poder continuar a súa formación. Dixo que é importante sacar proveito dos estudios e formarse todo o posible para asegurar un futuro bo.
Maite Rodríguez, Sara Barros, María Rodríguez e Javier Carballo atrevéronse a saír do público para participar de xeito práctico no taller de canto. Intepretaron unha canción cada un e despois Maythe Leiva, agora cantante do grupo D´Moda, deulles consellos sobre a respiración e a vocalización, aparte de animarlles a continuar no mundo da música. 



page | by Dr. Radut