O alumnado de Música dos cursos 4º ESO e 1º Bacharelato, xunto ao seu profesor Ismael Cabaleiro, animou as aulas coa súa música e bailes, dentro da celebración do Samaín 23. A actividade tivo lugar en dúas sesións lectivas diferentes: o luns 30 e martes 31 de outubro. Foi organizada polo departamento de Música en colaboración coa Vicedirección.