Skip to Content

Complementarias

Saída polo concello do alumnado de 1º e 3º ESO dentro do programa TEI

Alumnado 1º e 3º ESO do programa TEI na lagoa de Campaña

O xoves 23 de novembro, o alumnado de 1º e 3º ESO que participa no programa de Titoría entre Iguais (TEI) realizou unha saída pola parroquia de Santa Cristina de Campaña. Visitaron a Ponte do Souto, o embarcadoiro de Santa Cristina e a lagoa de Campaña. A actividade centrouse en coñecer a paisaxe e historia destes lugares, así como recoller a toponimia dos lugares que ían percorrendo. A saída completouse cunha actividade de xogos cooperativos programada polo departamento de Educación Física, no espazo da lagoa de Campaña. O alumnado foi acompañado polo profesorado Esther de Andrés, Lucía Iglesias, Mar Tejero, Lara García, Conchi Paz, Avel Turnes e Alberto Fernández. A actividade foi organizada polo departamento de Educación Física en colaboración cos responsables do programa Titoría entre Iguais (TEI). Por último agradecer a colaboración de Protección Civil do Concello que acompañou a alumnado e profesorado en todo o itinerario realizado.

Alumnado 1º e 3º ESO do programa TEI na Ponte do Souto

Celebramos o Magosto

                      Celebramos o Magosto 2023

O luns 13 de novembro, nas horas lectivas da tarde, celebramos un Magosto. A degustación de castañas xunto cun campionato de brilé centraron as actividades dunha xornada de diversión da comunidade educativa do Centro.

Celebramos o Magosto 2023

Alumnado de 3º ESO participa na videoconferencia «O acoso escolar: ti es importante» dentro do programa TEI

Alumnado 3º ESO na videoconferencia «O acoso escolar: ti es importante»

O martes 14 de novembro e co título «O acoso escolar: ti es importante», o alumnado de 3º ESO asistiu á videoconferencia da profesora e cofundadora da Asociación “No al Acoso Escolar”, Carmen Cabestany. A charla tivo lugar dende a Sede Afundación da Coruña e dentro do ciclo Educación s. XXI Afundación, obra social Abanca. Carmen Cabestany, unha das maiores expertas na loita contra o acoso escolar, explicou nesta conferencia o concepto de acoso escolar, como detectalo e as claves para erradicar o bullying.

Esta actividade foi organizada polo departamento de Orientación e a Vicedirección dentro do programa de Titoría entre Iguais (TEI).

Alumnado 3º ESO na videoconferencia «O acoso escolar: ti es importante»

Alumnado 3º ESO na videoconferencia «O acoso escolar: ti es importante»

Alumnado de 1º e 3º ESO celebra o Samaín dentro do programa TEI

Alumnado de 1º e 3º ESO celebra o Samaín dentro do programa TEI

O alumnado de 1º e 3º ESO celebrou o Samaín cunha actividade organizada polo programa de Titoría entre Iguais (TEI). "Relatos terroríficos do Samaín" foi o título desta actividade onde o alumnado de 3º ESO, dividido en grupos espallados por dez espazos diferentes do noso centro, contou relatos de terror ao alumnado de 1º ESO repartido en seis grupos.

Alumnado de 1º e 3º ESO celebra o Samaín dentro do programa TEI

Celebramos o Samaín

Samaín 23, decoración polo alumnado do GB Agroxardinaría

Os últimos días do pasado mes de outubro serviron para ambientar o noso centro cara á celebración do Samaín. Xunto a decoración de aulas e outros espazos, o martes 31 de outubro e co gallo desta celebración, a Biblioteca foi o escenario da entrega dos premios dos concursos convocados polo equipo da Biblioteca e polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
O acto amenizouno o alumnado de Música de 4º ESO e 1º Bacharelato, dirixidos polo seu profesor Ismael Cabaleiro, interpretando diferentes pezas musicais.
A relación de premiados cun vale a canxear na cafetaría do centro foi a seguinte:
1º premio ao mellor Epitafio en prosa: Iker Catoira Castiñeiras do 2º GB de Fabricación e Montaxe
1º premio ao mellor Epitafio en verso: Clara Troncoso López de 1º Bacharelato
1º premio do concurso de cabazas: Sabela Campos Riveiro, Ximena Socastro Saborido de 3º ESO
Os premiados ao concurso do EDLG "As palabras do medo" foron: Paula Pérez Verde de 1º ESO,  Emilio Villar Carballeda e Rami Imad Hammoudeh de 2ºESO.
Noraboa ao alumnado participante e premiado!!!

Exposición dos traballos do Samaín 2023 no corredor da planta baixa

Cabaza gañadora do concurso Samaín 2023

Actuación musical na Biblioteca Samaín 2023

 

Distribuir contido


by Dr. Radut