Skip to Content

Complementarias

Exposición "O Herbario de Rosalía de Castro"

Exposición "O Herbario de Rosalía de Castro"

No corredor da planta baixa e como parte da conmmemoración do día de Rosalía de Castro (23 de febreiro), pódese ollar a exposición  "O Herbario de Rosalía de Castro. Nasín cando as prantas nasen", unha colección de paneis, onde están reflectidas as plantas nomeadas pola poetisa padronesa, ao longo de todas as súas obras. A exposición é unha creación das profesoras da USC María Isabel Fraga Vila e María López Sández.

Exposición "O Herbario de Rosalía de Castro"

Alumnado da ESO asiste a charlas do Plan Director

Alumnado de 3º ESO na charla sobre "Violencia de Xénero" do Plan Director

O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º ESO asistiu, durante a mañá do martes 14 de febreiro, na aula de Audiovisuais a unha serie de charlas preventivas incluídas dentro do Plan Director do Ministerio do Interior español para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e os seus contornos. En sesión dunha hora lectiva, persoal da Garda Civil explicou ao alumnado de 1º ESO  como detectar, e actuar en casos de acoso escolar. Pola súa parte, o alumnado de 3º ESO coñeceu, entre outros contidos,  como detectar, e actuar en casos da violencia de xénero ou fomentar as relacións sanas.
O alumnado de 4º ESO soubo das especialidades da Garda Civil e aspectos sobre a incorporación da muller ao mundo laboral e, finalmente, o alumnado de 2º ESO  foi informado sobre a prevención dos perigos sobre adicións ao alcol e as drogas.
A actividade foi organizada pola departamento de Orientación.

Alumnado de 4º ESO na charla do PLan Director sobre incorporación da muller ao mundo laboral

Entroido 2023

                  Cartel Entroido 2023

meco2023

 

                    Mandas do Meco

Alumnado da ESO, 1º Bacharelato e Ciclos Básicos asistiu a charlas sobre "O mundo do Ciclismo"

Alumnado 1º ESO na charla sobre "O mundo do Ciclismo"

O mércores 1 e o xoves 2 de febreiro tivo lugar no noso centro unhas charlas didácticas sobre "o mundo do Ciclismo" a cargo de persoal do Club Ciclista Padronés Cortizo. O alumnado da ESO, 1º Bacharelato e dos Ciclos Básicos de Agroxardinaría e de Fabricación e Montaxe puido coñecer diferentes aspectos do deporte do ciclismo e tamén facetas técnicas e mecánicas relacionadas con el, ademais de aprender diversos aspectos da seguridade vial. Participaron como relatores deste club ciclista: o director deportivo Marcos Serrano, o preparador físico, José Abalo, o youtuber padronés e colaborador do CC Padronés, Alfonso Blanco, e os ciclistas: Alejandro Paz, Aaron Wade e Iñaki Errazkin.

Alumnado 2º ESO na charla sobre "O mundo do Ciclismo"

Actividades de final do primeiro trimestre

Cartoons

O xoves 22 de decembro tiveron lugar no noso centro diferentes actividades como limiar das vacacións do Nadal e remate do primeiro trimestre. A mañá comezou cun Torneo de Xadrez na Biblioteca, no que participaron 18 estudantes de diferentes niveis. O gañador foi Rodrigo Vidal de 2º Bacharelato, seguido de Xián Bouzón de 1º Bacharelato e Siro Castro de 3º ESO. Xa na 2ª hora da mañá houbo polas aulas unha animación musical do Nadal a cargo do alumnado de Música de 4º ESO co seu profesor Manuel Villar.
Unha das actividades máis esperadas foi a que tivo lugar nas horas centrais da mañá coa inauguración das canastras no patio cuberto, cortando a cinta o director, Eliseu Mera, e a alumna de 4º ESO, Laura Lorenzo. A continuación, e con moita animación nas bancadas, tivo lugar un disputado encontro de baloncesto entre o equipo do profesorado e o alumnado, co triunfo pola mínima para o profesorado.
Despois tocou a hora de repoñer forzas cunha chocolatada, xentileza da ANPA. E tras ese paréntese, finalizamos coa representación, no patio cuberto, do espectáculo teatral “Cartoons” de Producións Teatrais Excéntricas e Teatro de Adro, a cargo dos actores Víctor Mosqueira e Josito Porto. Os seus personaxes, pallasos, viven rodeados de cartóns e arredor deles desenvólvese a obra, a cal ten como eixe central a reciclaxe, unido a outros temas como a amizade, a solidaridade, a hixiene ou a importancia do exercicio físico. Foi un formidábel colofón para esta  maratoniana mañá de actividades. Bo Nadal!!! a toda a comunidade educativa do noso centro.

Inauguración das canastras

Equipo alumnado

Equipo profesorado

 Rodrigo Vidal gañador do Torneo de Xadrez

Torneo de Xadrez na Biblioteca

Chocolatada

Alumnado de Música 4º ESO

Máis fotografías desta actividades picando neste enlace.

Distribuir contido


by Dr. Radut