Skip to Content

Complementarias

Finaliza o Torneo de Xadrez 2021-2022

Torneo Xadrez 2022: partidas finais

O Torneo de Xadrez deste curso chegou ao seu final coas partidas da última ronda. O torneo celebrouse semanalmente durante os recreos deste trimestre, no corredor da planta baixa, seguindo as medidas de sanidade vixentes. Foi organizado polo Departamento de Matemáticas en colaboración coa Biblioteca e  profesorado de Ciclos. O vindeiro venres 1 de abril e no primeiro recreo, terá lugar a entrega de premios. Parabens aos participantes e a organización!!!.

Torneo Xadrez 2022: partidas finais

Viaxe cultural a Sicilia do alumnado 3º ESO e 4º ESO

Alumnado 3º e 4º ESO en visita cultural a Sicilia

Alumnado de 3º e 4º ESO, das materias d Cultura Clásica e Latín, iniciou unha viaxe cultural a Sicilia. Desde a mañá do luns 21 de marzo e durante unha semana terán ocasión de disfrutar dos sitios máis emblemáticos da illa italiana. Esta viaxe foi organizada polo departamento de Latín e Grego e están acompañados polo profesorado Raúl Gómez, Vanessa Fernández e Jesús López.

Alumnado 3º e 4º ESO en visita cultural a Sicilia

Alumnado de 4º ESO asistiu á charla: “Leonardo: a representación gráfica das súas ideas”

Alumnado 4º ESO na charla Leonardo, a representación gráfica das súas ideasO luns 21 de marzo, no marco do programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”, o profesor Franscisco Javier López González, do Departamento de Enxeñaría Forestal da Escola Politécnica Superior  do Campus Universitario de Lugo, impartiu para o alumnado de 4º de ESO a charla: "Leonardo, a representación gráfica das súas ideas". O poñente levou a recoñecer, a partir de Leonardo, a importancia que a representación gráfica das ideas tivo e está a ter para a historia da humanidade, forma de comunicación que está na base de moitos dos estudos superiores que o noso alumnado pode chegar a cursar e que son a base de avances tecnolóxicos e económicos para a sociedade.
A actividade tivo lugar na Biblioteca e foi organizada polos departamentos de Matemáticas e Educación Plástica e Visual.

Conmemoramos o 8 de marzo: Día Internacional da Muller

Conmemoramos 8 marzo 2022

Hoxe 8 de marzo, conmemoramos o Día Internacional da Muller. No corredor da planta baixa houbo ao longo da mañá varias sesións de photocall a cargo do Equipo de Igualdade, pasando por el boa parte do alumnado; ademais houbo a entrega de premios do concurso de carteis. Por outro lado, nas paredes e nas escaleiras de acceso ás planta superiores, foron decoradas con contidos reivindicando o papel da muller na Historia e na sociedade, todo para ambientar esta conmemoración. Colaboraron nesta celebración a Videdirección e o Equipo de Igualdade.

Conmemoramos 8 marzo 2022

Conmemoramos 8 marzo 2022

Novas actividades de prevención organizadas polo departamento de Orientación

Alumnas de 4º ESO C na charla sobre prevención de condutas aditivas

Alumnado de diferentes cursos da ESO asistiu, nas súas respectivas aulas e durante a mañá do venres 4 de marzo, a charlas enmarcadas dentro do Plan Director para a mellora da seguridade e a convivencia nos centros educativos e os seus contornos, impartida por persoal da Garda Civil de O Grove e tamén a encadrada no programa formativo da Unidade de Prevención de Condutas aditivas do concello de Valga, impartida por persoal deste concello. Esta actividade é organizada polo departamento de Orientación en colaboración coas dúas entidades nomeadas anteriormente.

Alumnado de 3º ESO A no obradoiro de prevención de condutas aditivass

Distribuir contido


by Dr. Radut