Skip to Content

Complementarias

Alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato de visita en Burgos e Atapuerca

Alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato de visita en Burgos e Atapuerca

Alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato están en Burgos nunha actividade programada polos Departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e Filosofía, acompañado polo profesorado Loli Rego, Lara García, Fran Godón e Víctor González. Durante dous días (3 e 4 de marzo) visitarán o Museo da Evolución Humana, a Catedral de Burgos ou o xacemento arqueolóxico de Atapuerca entre outros lugares de interese.

Alumnado de Bacharelato no Campus da USC

Alumnado de Bacharelato na USC

O xoves 3 de marzo, alumnado de 1º e 2º Bacharelato realizou unha visita ás facultades do Campus universitario da Universidade de Santiago de Compostela para recibir información directa dos estudos que organizan. Esta actividade enmárcase nos "Encontros na Zona USC" dentro do Programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”. Foron acompañados polas profesoras Esther de Andrés, Teresa Sumay e Nieves Gómez. A actividade foi organizada polo departamento de Orientación.

Alumnado de Bacharelato na USC

Celebramos o Entroido 2022 no IES Valga

Entroido 2022

Nas últimas horas do pasado venres 25 de febreiro, recuperamos o  tradicional festival de  Entroido. Este ano  tivemos unha temática común centrada nas series de televisión. Nesta "Homenaxe ás series televisivas" participou alumnado da ESO e 1º Bacharelato recreando escenas de series como Os Simpson,  Os Serrano, Arcane, Cazapantasmas, As Chicas do cable, Hospital Central, Os Picapedra ou Verano Azul entre outras. Bo humor, diversión, variados disfraces e coreografías animaron o patio da carpa para o deleite do público asistente. Un xurado formado por sete membros da comunidade educativa, elexido para a ocasión, decidiu os premios do concurso. Houbo premios para os mellores recreacións e coreografías, consistentes nunha xornada no Kartódromo de Casaldeirigo, vales para material escolar e vales para consumir na cafetería do IES. A Vicedirección coa colaboración da ANPA levaron a organización deste festival. Máis información picando neste enlace.
Alumnado 2º ESO no festival do Entroido 2022    Alumnado 4º ESO A no festival do Entroido 2022

Festival de Entroido 2022

 

Alumnado de 2º FP Básica asiste a unha charla sobre adicións dentro do Plan Director

Alumnado de 2º FP Básica asiste a unha charla sobre adicións dentro do Plan Director

O alumnado de 2º de FP Básica asistiu na súa aula de audivisuais a unha charla sobre "adicións: drogas, ludopatía, novas tecnoloxías". A charla está incluída dentro do Plan Director do Ministerio do Interior español para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e os seus contornos. Durante esta charla, persoal da Garda Civil explicou ao alumnado os perigos, prevención,... sobre ese tipo de adicións. A actividade foi organizada pola Departamento de Orientación.

Alumnas de 3º ESO participan no concurso "Xornalismo na Escola" de La Voz de Galicia

Alumnas aprendendo sobre a enerxía fotvoltaica coa empresa ECOGAL

Dez alumnas de 3º ESO: Lucía Abeledo, Alba Casal, Paula Cortés, Carla Herrero, Laura Lorenzo, Martina Miguens. María Romero, Amalia Saavedra, Irene Sanmarco e Clara Troncoso, participan no concurso de La Voz de Galicia "Xornalismo na Escola". O concurso ten como eixe a elaboración dunha reportaxe. Elas elexiron como tema central da reportaxe a enerxía fotovoltaica.

O mércores 16 de febreiro será publicada no suplemento "La Voz de la Escuela" da edición en papel de La Voz de Galicia. Pode lerse o traballo completo redactado polo alumnado no seguinte enlace:

https://www.prensaescuela.es/periodismo-escuela/o-papel-clave-da-enerxia-fotovoltaica-na-transicion-enerxetica/#

Ao pé do texto aparece o recadro "Vota por esta noticia". Preme nel para dar o teu voto.

Distribuir contido


by Dr. Radut