Skip to Content

Complementarias

Alumnas de 3º ESO participan no concurso "Xornalismo na Escola" de La Voz de Galicia

Alumnas aprendendo sobre a enerxía fotvoltaica coa empresa ECOGAL

Dez alumnas de 3º ESO: Lucía Abeledo, Alba Casal, Paula Cortés, Carla Herrero, Laura Lorenzo, Martina Miguens. María Romero, Amalia Saavedra, Irene Sanmarco e Clara Troncoso, participan no concurso de La Voz de Galicia "Xornalismo na Escola". O concurso ten como eixe a elaboración dunha reportaxe. Elas elexiron como tema central da reportaxe a enerxía fotovoltaica.

O mércores 16 de febreiro será publicada no suplemento "La Voz de la Escuela" da edición en papel de La Voz de Galicia. Pode lerse o traballo completo redactado polo alumnado no seguinte enlace:

https://www.prensaescuela.es/periodismo-escuela/o-papel-clave-da-enerxia-fotovoltaica-na-transicion-enerxetica/#

Ao pé do texto aparece o recadro "Vota por esta noticia". Preme nel para dar o teu voto.

Comezou o Torneo de Xadrez

Torneo Xadrez 2022

Este martes 1 de febreiro, no segundo recreo, comezou a desenvolverse o Torneo de Xadrez. Alumnado dos diferentes cursos da ESO e Bacharelato, compiten neste torneo organizado pola  Biblioteca e o Departamento de Matemáticas. As partidas teñen lugar no corredor da planta baixa do noso centro. Cada luns, a primeira hora, faranse públicas as roldas da semana.

Torneo Xadrez 2022

O espectáculo do mago Román amenizou o último día lectivo antes do Nadal

O mago Román no IES Valga

O premiado e innovador ilusionista galego, o mago Román amenizou a mañá do útlimo día lectivo antes das vacacións do Nadal. Polo patio da carpa foron pasando, a presenciar  e disfrutar do seu espectáculo de maxia, o alumnado da ESO, Bacharelato e FP Básica. A actividade foi organizada pola Vicedirección e financiada pola ANPA do noso centro.
O mago Román no IES Valga

Exposición sobre a compostaxe

Exposición itinerante sobre a compostaxe

Do 15 ao 20 de decembro temos, no corredor da planta baixa, a Exposición itinerante "Apúntate á compostaxe", cedida pola Deputación de Pontevedra dentro do seu programa para centros educativos Revitaliza. Esta exposición está dentro das actividades dos proxectos Escola Verde e Sostibilidade, reforzando a presenza do composteiro no xardín do noso centro.

Exposición itinerante sobre a compostaxe

Obradoiros de Educación afectivo-sexual no IES Valga

Obradoiros de Educación afectivo-sexual no IES Valga

Durante o mes de novembro e decembro temos no noso centro un obradoiro relacionado coa educación afectivo sexual, impartido por Manuel Isorna, profesor na Facultade de Ciencias da Educación de Ourense da Universidade de Vigo. O alumnado asistente ten a posibilidade de coñecer e participar en contidos relacionados co desmantelamento de mitos, estereotipos e falsas crenzas presentes na sexualidade. Este taller é organizado por Vicedirección e o departamento de Orientación.

Distribuir contido


by Dr. Radut