Skip to Content

Complementarias

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller no IES Valga

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller no IES Valga

Con motivo do “Día Internacional contra a Violencia Machista”, o 25 de novembro, a comunidade educativa do IES Valga celebrou, neste día, un acto para manifestar o seu rexeitamento en contra de calquera violencia exercida sobre as mulleres e sensibilizar ao alumnado contra esta lacra social.
A carpa, instalada nun dos patios do noso Centro, foi o escenario da actividade programada: a colocación de 37 pares de zapatos vermellos de muller, e 24 pares de zapatos de nenas/os brancos, simbolizando respectivamente, as 37 mulleres asasinadas polas súas parellas no que levamos neste ano 2021, e os 24 orfos deixados por estas mulleres. O acto contou co acompañamento musical do alumnado de Música de 4º ESO e 1º Bacharelato, dirixidos polo profesor Manuel Villar, que interpretaron varias pezas musicais: "The hanging tree", "Moon river" e "Lo que es nuestro".

O acto tamén serviu para dar os premios do II concurso literario convocado pola Biblioteca contra a violencia machista "Ármate de valor". En relación a este concurso literario, tivo lugar a lectura dos textos gañadores.
Resultaron gañadores deste concurso: Ángela Costa Suárez, de 2º ESO A e Antía Martínez Sanmarco de 1º B (1º e 2º premio da categoría 1º e 2º ESO e 1º e 2º FP Básica respectivamente); Herea Eitor Lois de 4º C e Rosalía Muíño Cotón, de 4º B (1º e 2º premio na categoría:3º e 4º ESO e FP de Ciclo Medio); por último na categoría de adultos só houbo un 1º premio, quedando o 2º premio deserto, sendo a gañadora: Sara de los Santos Amboage, nai da alumna de 4º ESO Sara Manni de los Santos. Todos os premiados e premiadas recibiron un vale para a cafetaría do noso centro ou para a librería Cativos. Parabéns ás gañadoras!!!
Acto  contra a viloencia machista 25-N

Acto  contra a viloencia machista 25-N          Acto  contra a viloencia machista 25-N

Alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato asistiron á obra teatral "Golpes" no Auditorio Municipal de Valga

Alumnado 4º ESO e 1º Bacharelato no espectáculo "Golpes"

Alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato asistiron, o pasado mércores 24 de novembro e no Auditorio Municipal de Valga, ao espectáculo teatral “Golpes”, unha actividade para a prevención da violencia de xénero integrada na programación do 25-N do concello de Valga. A actriz Estíbaliz Veiga puxo en escena un relato da compañía aAntena, amosando a dor que causa a lacra social da violencia machista. Mencionar que entre o público tamén se atopaban unha decena de usuarios do Centro de Día acompañados polas súas xerocultoras. Esta actividade foi subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta e a Fegamp a través da Rede de Entidades Locais contra a violencia de xénero.

Máis información picando neste enlace.

Alumnado de 1º e 2º ESO asiste a unha charla sobre "risco das novas tecnoloxías da información e a comunicación"

Alumnado do 1º ciclo da ESO asiste a unha charla sobre riscos nas TIC

O alumnado de 1º e 2º ESO asistiu na Biblioteca a unha charla sobre o uso das TIC, internet e redes sociais e os problemas que pode acarrear. A charla, titulada  "os riscos das novas tecnoloxías da información e a comunicación", está incluída dentro do Plan Director do Ministerio do Interior español para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e as súas contornas. Durante máis dunha hora, persoal da Garda Civil explicou ao alumnado como evitar situacións de risco persoal relacionadas co uso de internet e as redes sociais, sobre todo no caso de compartir fotos e vídeos. A actividade foi organizada pola departamento de Orientación.

Alumnado do 1º ciclo da ESO asiste a unha charla sobre riscos nas TIC

XORNADAS MICOLÓXICAS NO IES VALGA

XORNADAS MICOLÓXICAS NO IES VALGA

Os días 17, 24 e 25 de novembro teremos no noso centro unhas Xornadas Micolóxicas co seguinte programa:
Mércores 17 de novembro:
Charla “Iniciación á micoloxía” a cargo de Ramón Encisa Fraga da asociación Cantarela de Vilagarcía de Arousa. Será no IES Valga ás 18:00 horas.
Mércores 24  de novembro:
Roteiro polo concello de Valga, guiado por Ramón Encisa Fraga. A saída será en autobús dende o IES Valga ás 16:00 horas. Para esta saída é necesario inscribirse con antelación, enviando unha mensaxe ao correo eléctronico: ies.valga@edu.xunta.gal
Xoves 25 de novembro:
Showcooking: cociña en frío de cogomelos”. Actividade a cargo de Rubén García Castrelo, cociñeiro profesional. erá no IES Valga ás 18:30 horas. Para esta actividade tamén é necesario inscribirse con antelación, enviando unha mensaxe ao correo eléctronico: ies.valga@edu.xunta.gal
Todas estas actividades son abertas a toda a comunidade educativa (profesorado, alumnado e familias do alumnado) e son de balde. Anotádevos. Esperamos a vosa presenza.

Os campións do brilé

Alumnado 1º Bacharelato A gañador do campionato de brilé

O pasado luns 8 de novembro e dentro da celebración do Magosto, tivo lugar un campionato de brilé cunha ampla participación do alumnado da ESO e 1º Bacharelato. Houbo dúas categorías, resultando vencedores o equipo de 1º ESO A na competición reservada aos equipos do primeiro ciclo da ESO e o equipo de 1º Bacharelato A no correspondente ao segundo ciclo da ESO e 1º Bacharelato. Os equipos gañadores tiveron como premio vales a canxear na cafetaría do noso centro. Mención especial para as alumnas que arbitraron os partidos: Julia Fariña e Andrea Vieites de 1º Bacharelato xunto a Alexandra Bandín e Alicia Quintáns de 2ª Bacharelato. A actividade foi organizada polo departamento de Educación Física.

Alumnado de 1º ESO A gañador do campionato de brilé do 1º Ciclo ESO

Distribuir contido


by Dr. Radut