Skip to Content

Alumnas de 3º ESO dan a coñecer a mulleres científicas silenciadas

Alumnas de 3º ESO recreando a mulleres científicas silenciadas As alumnas Alba Casal, Carla Herrero e María Romero de 3º ESO A fixeron unha recreación teatralizada, aos seus compañeiros de 3º ESO e ESO, da vida de tres mulleres científicas cuxa obra foi silenciada durante moito tempo. As científicas que escolleron para esta actividade foron: a inglesa, Rosalind Franklin, adicada á bioloxía molecular que colaborou no descubrimento do ADN tras doutorarse en química-física; Mileva Marić, matemática serbia, primeira muller de Albert Einstein e Lise Meitner, física austríaca que investigou a radioactividade e física nuclear. Esta actividade enmárcase dentro das que realiza o centro no contrato programa IGUÁLA-T.

Alumnas de 3º ESO recreando a mulleres científicas silenciadas

 



page | by Dr. Radut