Skip to Content

Igualdade

Contidos sobre Igualdade

Alumnado de 4º ESO asiste á obra de teatro "La casa de Bernarda Alba" en Vilagarcía

la casa de Bernarda Alba  O pasado 30 de xaneiro, o alumnado de 4º ESO tiveron a oportunidade de ver unha adaptación desta obra de Lorca no auditorio de Vilagarcía, actividade organizada polo Departamento de Lengua castellana y Literatura. A traxedia, escrita en 1936,  permitiu ao alumnado ver e respirar o ambiente opresivo dunha sociedade intolerante que obrigaba á muller a sufrir un loito cruel e atenazante e a reprimir os seus desexos máis humanos. O amor  frustrado, a envexa, a loita pola liberdade e a morte mestúranse neste drama de mulleres nos pobos de España, como a subtitulou o seu autor. A linguaxe poética acentúa a expresividade do texto e eleva a simbólicos varios elementos da escenografía ou do atrezzo: a vara de mando de Bernarda, o abano de cor da filla rebelde…
Ao rematar a representación, o alumnado puideron establecer un coloquio coas actrices, quen suliñaron a triste actualidade que conserva a obra en canto a temas como o clasismo, o machismo, a ocultación das pasións ou a importancia das apariencias.

 
   

Alumnado do 2º Ciclo da ESO e 1º Bacharelato na obra de teatro "Pementeiras"

 Alumnado do IES Valga na obra de teatro "Pementeiras"  Logo EDL

 O día 23 de novembro o alumnado de 3º, 4º ESO e 1º Bacharelato acudiu ao Auditorio de Valga para ver a obra de teatro "PEMENTEIRAS" da compañía XORÉ TEATRO. Con esta obra prenténdese potenciar a igualdade a través do empoderamento feminino. A historia está contextualizada no traballo das pementeiras de Herbón, aínda que se pode extrapolar ao resto de mulleres galegas que traballan en explotacións gandeiras e agrarias para axudarlles a recoñecer o seu labor e deste xeito conseguir que sexa máis valorado pola sociedade e por elas mesmas. A actividade foi organizada polo Equipo de  Dinamización da Lingua Galega. 

                                                                                                  

 
   

Día contra a eliminación das violencias machistas no IES Valga

Día contra a eliminación das violencias machistas na Biblioteca Día contra a eliminación das violencias machistas na Biblioteca Día contra a eliminación das violencias machistas na Biblioteca

Poemas en negro contra as violencias machistas” así se titulou o acto que o xoves 22 de novembro tivo lugar con motivo do “Día Internacional contra a eliminación das Violencias Machistas”, o 25 de novembro. Un acto co cal a comunidade educativa do IES Valga manifesta o seu rexeitamento en contra de calquera violencia exercida sobre as mulleres.

A Biblioteca foi o escenario da actividades programadas: a lectura de fragmentos literarios que xunto coa proxección de imaxes con textos e un rap serviron para sensibilizar ao alumnado contra esta lacra social. A lectura correu a cargo de alumnado de 1º ESO e 1º Bacharelato  con textos do libro "Invisibles" de Montse Fajardo e o de Ana Romaní "Love me tender. 24 pezas mínimas para unha caixa de música" entre outros, e do noso compañeiro e escritor , Raúl Gómez Pato cun poema de Xabier Cordal incluído no libro "Polifonía dous", finalizando o acto o acto cun rap composto e cantado por Uxía Caeiro e Brais Castro de 1º ESO B.

O acto foi organizado grazas á colaboración da Biblioteca cos departamentos de Educación Plástica e Visual, Lingua e Literatura Galega e Lingua e Literatura Castelá.

 
   

Premio "Eduemprende Idea 2018" para dous alumnos do IES Valga

proxectoSuevia O alumnado de Empresa e Iniciativa Emprendedora (EIE) do CM de Soldadura e Caldeiraría, Sara Iglesias Rodríguez e Juan Lago Mariño, gañou o primeiro premio do concurso Eduemprende Idea 2018 na modalidade de Ciclos Medios (DOG do 24 de outubro de 2018), co traballo que leva por título "SUEVIA, Mantemento e Restauracións Metálicas, S.L."  O concurso Eduemprende Idea pretende potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de formación profesional. 

Parabéns!! ao alumnado e tamén para a profesora Rosalía García Seijo, quen os asesorou e os acompañou na elaboración do seu proxecto gañador.

           
   

A escritora Inma López Silva na inauguración do Clube de Lectura 2018-2019

Inma López Silva no Clube de Lectura da Biblioteca Onte tamén fomos malas ;): Inma López Silva foi a convidada ao primeiro encontro do Clube de Lectura. As actividades do Clube de Lectura comezaron onte coa novela "Aqueles días en que eramos malas", que narra as historias de tres presas e dunha funcionaria de prisións, e máis coa presenza da súa autora, Inma López Silva. E non podían ter comezado mellor, pois produciuse un intenso e marabilloso debate sobre a influencia do contexto social na conduta humana. Entrar no cárcere depende de poder pagar ou non unha boa avogad@? Nacer en determinados grupos sociais aumenta as posibilidades de alguén delinquir? Poden prexuízos morais xustificar condutas antisociais?

Todos estes asuntos tamén os recolleu a autora posteriormente na súa conta na Instagram:

https://www.instagram.com/p/BpFi71CAcd7/?utm_source=ig_embed

 

 
   
Distribuir contido


by Dr. Radut