O pasado 30 de xaneiro, o alumnado de 4º ESO tiveron a oportunidade de ver unha adaptación desta obra de Lorca no auditorio de Vilagarcía, actividade organizada polo Departamento de Lengua castellana y Literatura. A traxedia, escrita en 1936, permitiu ao alumnado ver e respirar o ambiente opresivo dunha sociedade intolerante que obrigaba á muller a sufrir un loito cruel e atenazante e a reprimir os seus desexos máis humanos. O amor frustrado, a envexa, a loita pola liberdade e a morte mestúranse neste drama de mulleres nos pobos de España, como a subtitulou o seu autor. A linguaxe poética acentúa a expresividade do texto e eleva a simbólicos varios elementos da escenografía ou do atrezzo: a vara de mando de Bernarda, o abano de cor da filla rebelde… |
|