Skip to Content

Igualdade

Contidos sobre Igualdade

Webinar do alumnado de 4º ESO coa astronauta e investigadora do CNIO, Sara García

Webinar alumnado 4º ESO con Sara García

O martes 17 de xaneiro, na aula de Audiovisuais, o alumnado de 4º ESO asistiu, xunto con alumnado de diferentes centros escolares españois, a unha webinar coa astronauta e investigadora no grupo de Oncoloxía Experimental do Centro Nacional de Investigaciones Oncológicas (CNIO), a leonesa Sara García. Nunha conferencia web, a biotecnóloga e referente española en investigacións sobre o cancro explicou a súa labor como científica, dando a coñecer o día a día no CNIO. Tamén fixo referencia á preparación e ao proceso que a levou a ser seleccionada pola Axencia Espacial Europea (ESA), entre 22.500 candidaturas, como a primeira española en acceder ao posto de astronauta, converténdose co tamén leonés Pablo Álvarez, na primeira española en acceder a esa praza dende fai 30 anos, despois de Pedro Duque.

Webinar alumnado 4º ESO con Sara García

Conferencia da astrónoma Josefina F. Ling dentro do programa "NIN + NIN -, IGUAIS" para alumnado de 3º, 4º ESO e Bacharelato

Conferencia de Josefina F. Ling ao alumnado de 3º, 4º ESO e Bacharelato

No Auditorio Municipal de Cordeiro, o alumnado de 3º ESO, 4º ESO xunto co de 1º e 2º Bacharelato, asistiu na mañá do mércores 21 de decembro a unha conferencia de Josefina F. Ling. Esta científica é astrónoma, profesora e investigadora da Universidade de Santiago de Compostela (USC). A relatora centrou a súa charla arredor da Astronomía e mulleres. O acto, organizado polo Equipo de Igualdade, contou coa presenza da secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella xunto coa concelleira municipal de Educación, Carmen Gómez e a vicedirectora do noso centro, Ana Bueno.
Esta actividade, que complementa a Exposición Premios María Josefa Wonenburger Planells, xira arredor do proxecto NIN + NIN -, IGUAIS da Secretaría Xeral de Igualdade que ten como principal obxectivo favorecer o encontro con mulleres senlleiras líderes nos seus respectivos sectores, como a ciencia ou o rural, para que o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria tivese referentes femininos en sectores laborais onde a día de hoxe non existe paridade de xénero e promover a igualdade de xénero no ámbito educativo, concienciando ao alumnado que cada un pode ser o que queira ser, sen importar ser muller ou ser home.

Máis información picando nos seguintes enlaces: concello de Valga, Consellería de Emprego e Iguladade. Máis fotografías do acto picando aquí.

Conferencia de Josefina F. Ling ao alumnado de 3º, 4º ESO e Bacharelato

Exposición: Premios María Josefa Wonenburger Planells

Exposición Premios María Josefa Wonenburger Planells no corredor da planta baixa

Durante os últimas días lectivos, deste primeiro trimestre do curso, temos no corredor da planta baixa do noso centro a posibilidade de ollar a Exposición Premios María Josefa Wonenburger Planells dentro das actividades do Equipo de Igualdade. Esta exposición pretende visibilizar e facer chegar á sociedade as contribucións feitas polas mulleres galegas á ciencia e á tecnoloxía, todas elas foron galardoadas co Premio María Josefa Wonenburger Planells, que outorga anualmente dende o ano 2007 a Xunta de Galicia a través da Unidade de Muller e Ciencia. O Premio leva o nome da investigadora e matemática galega María Josefa Wonenburger, unha autentica pioneira e referente feminino internacional no ámbito das ciencias e que foi unha científica adiantada ao seu tempo.

A exposición está enmarcada no proxecto NIN + NIN -, IGUAIS da Secretaría Xeral de Igualdade que ten como principal obxectivo favorecer o encontro con mulleres senlleiras líderes nos seus respectivos sectores, como a ciencia ou o rural, para que o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria teña referentes femininos en sectores laborais onde a día de hoxe non existe paridade de xénero e promover a igualdade de xénero no ámbito educativo, concienciando ao alumnado que cada un pode ser o que queira ser, sen importar ser muller ou ser home.

Exposición Premios María Josefa Wonenburger Planells no corredor da planta baixa

 

 

Alumnado de 3º ESO e de 1º do CB de Agroxardinaría participou no obradoiro 'Seguridade violeta'

Alumnado de 3º ESO e de 1º do CB de Agroxardinería no obradoiro 'Seguridade violeta'

O alumnado de 3º ESO e de 1º do CB de Agroxardinaría participou no obradoiro "Seguridade violeta" que tivo lugar na mañá do martes 22 de novembro na Biblioteca da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. A actividade enmárcase dentro da reivindicación do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que se celebra o 25 de novembro. Neste obradoiro os participantes reflexionaron sobre a maneira na que nos relacionamos con outras persoas, tomando conciencia sobre comportamentos, actitudes e expresións que en moitos casos agochan violencias ou posturas machistas non sempre fáciles de detectar, contribuíndo ademais, a través do debate e a participación activa, á construción de vínculos sans entre as e os adolescentes, desbotando condutas nocivas e prexuízos. Esta actividade foi organizada polo Equipo de Igualdade do noso centro e o alumnado foi acompañado polas profesoras Vanessa Fernández, Paula Otero, Mar Tejero e Sara González.

Alumnado de 3º ESO e de 1º do CB de Agroxardinería no obradoiro 'Seguridade violeta'

Alumnado de diferentes niveis participou nun Obradoiro de fomento da Igualdade

Obradoiro Igualdade novembro 2022

Entre o luns 14 e o mércores 16 de novembro tivo lugar un Obradoiro de fomento da Igualdade no que participou, en diferentes horas lectivas, alumnado de 1º ESO, 2º ESO, 1º e 2º CB de Fabricación Mecánica e 1º CB de Agroxardinería. Este obradoiro foi impartido por Antía Toimil de FADEMUR Galicia (Federación de Asociacións de Mulleres Rurais). A actividade foi organizada polo Equipo de Igualdade do noso centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut