Skip to Content

Concurso Cartel Día Internacional da Muller

Convocatoria do III Concurso de carteis do 8 de marzo de 2020, Día Internacional da Muller

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e a Secretaría Xeral de Igualdade convocan un concurso para o deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller. Poderá participar no concurso calquera centro educativo de ensino non universitario que oferte ensinanzas de infantil, primaria, secundaria e formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia en tres categorías:
· 1a Categoría.- Alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria.
· 2a Categoría.- Alumnado 5º e 6º de educación primaria e 1º, 2º de educación secundaria obrigatoria (ESO).
· 3a Categoría.- Alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO) e 1º e 2º de bacharelato, de FP básica, de ciclos de grao medio e de ciclos de grao superior.

O prazo de presentación conclúe o 20 de febreiro de 2020. Non serán admitidos os traballos que sexan recibidos con posterioridade a esa data. As obras remitiranse por correo ordinario en sobre pechado ao seguinte enderezo: Secretaría Xeral da Igualdade, Edificio administrativo San Lázaro s/n 15781- Santiago de Compostela, facendo constar nel “III Concurso de carteis 8 marzo”
As bases do concurso pódense consulta no seguinte enlace:

https://igualdade.xunta.gal/gl/actualidade/convocatoria-do-iii-concurso-de-carteis-do-8-de-marzo-de-2020-dia-internacional-da

Para obter máis información pódense realizar consultas nos seguintes teléfonos: Servizo de Promoción e Cooperación Institucional (Secretaría Xeral de Igualdade): 981 545 360- 981545312.



page | by Dr. Radut