Skip to Content

Lugar e sede da celebración das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio ordinaria 2021

probas de acceso CM 2021

Publicadas as datas, lugares e sedes de realización das probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio de formación profesional do sistema educativo convocatoria ordinaria para o ano 2021. No caso do IES Valga:

Celebración da proba:                             27/05/2021

Centro onde se realizarán as probas:    CIFP A XUNQUEIRA ( Pontevedra)

Premendo na imaxe ou entrando na páxina xuntafp e seguindo a ruta que se indica de seguido, poderán acceder ás instruccións e calendario para a realización da proba.

 Xunta fp  - probas  - acceso a grao medio  - convocatoria 2021  - Instruccións para a realización das probas

O secretario xeral de Educación, José Luis Mira, recibiu as peticións do IES de Valga nunha visita ao centro

O secretario xeral de Educación e Formación Profesional, José Luis Mira Lema, e o subdirector xeral de Formación Profesional, Carlos Vázquez Mariño, visitaron o IES de Valga en compañía do equipo directivo do centro, do alcalde de Valga, José María Bello Maneiro e da concelleira de Educación, Carmen Gómez Pardal.

Mira Lema mostrouse receptivo as propostas de ampliar a oferta educativa do centro cun ciclo medio de Mecanizado e con novos ciclos formativos da familia da Agraria. Valorou moi positivamente o coidado e o equipamento das instalacións do centro e comprometeuse a traballar nun convenio coa Asociación de Persoas con Discapacidade dos Vales Ulla Umia (ADISVALU) para a realización de actividades alternativas no marco dos procedementos correctores.

Alumnado de 1º ESO asiste á visita en liña "Faraón: Rei de Exipto"

Alumnado 1º ESO B na videoconferencia sobre Exipto

O alumnado de 1º ESO asistiu na mañá do mércores 28 de abril á visita didáctica por videoconferencia da exposición "Faraón, Rei de Exipto", proveniente do British Museum, realizada desde o Museo Centro Gaiás. O alumnado tivo ocasión, con esta actividade, de explorar o simbolismo e o ideario da monarquía exipcia; e mergullarse nos relatos que se ocultan detrás dos obxectos e das imaxes que nos deixou como herdanza este imperio. A actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia.

Estudantes de Catoira verán reforzado o servizo de autobús para o seu traslado a noso centro

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade reforzará, a partir da vindeira semana, os servizos de autobús no concello de Catoira, para facilitar o desprazamento diario dos estudantes deste municipio que cursan os seus estudos no IES de Valga. Será a partir do luns 3 de maio cando o alumnado deste municipio veciño poida dispor do servizo de transporte público da Xunta ao IES de Valga, atendendo desta forma á solicitude da ANPA do CPI Progreso de Catoira.  O horario de funcionamento deste servizo de autobuses será o seguinte:

  • os servizos de mañá sairán ás 7:45 horas desde Catoira-Área Estacionamento, con chegada ao IES ás 08:27
  • o itinerario de mediodía partirá do instituto ás 14:30 horas con chegada a Catoira ás 14:50 e será atendido co roteiro do IES de Valga-Choren
  • para a xornada lectiva das tardes do luns establécese a saída de Catoira ás 16:00 horas e a chegada ao IES ás 16:20, prevéndose o regreso ás 18:15 horas

Máis información picando no seguinte enlace da páxina da Xunta de Galicia

Celebramos o Día do Libro 2021

Intercambio textual 2021

O venres 23 de abril, celebramos o Día Internacional do Libro 2021. Foi na carpa do patio e cumprindo as medidas sanitarias vixentes. Para conmemorar esta data tivemos dúas actividades. A primeira e durante os recreos, realizouse o intercambio textual promovido polo equipo da Biblioteca. A segunda foi un encontro con Soledad Felloza. A actriz, contadora de historias, fotógrafa, escritora e dramaturga e ademais Directora do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica, con sede en Galicia deleitou ao  alumnado da ESO, en catro sesións, con interesantes e moi amenas historias de narración oral. Esta actividade foi organizada pola Biblioteca e o departamento de Lingua e Literatura Castelá.

Encontro do alumnado da ESO con Soledad Felloza

Encontro do alumnado da ESO con Soledad Felloza

Distribuir contido


by Dr. Radut