Skip to Content

Alumnado de 2º ESO visita a Casa da Troia e asiste a unha obra de teatro en Santiago

Alumnado de 2º ESO en Santiago O xoves, 22 de marzo, o alumnado de 2º de ESO visitou a Casa da Troia en Santiago, que acaba de reabrirse ao público, onde puideron visitar unha casa do século XIX do casco vello da capital compostelá e comprobar o éxito da novela de Pérez Lugín baseada nas experiencias dos estudantes universitarios daquel momento. Tamén foron ao teatro para ver unha versión da obra de Jonathan Swift, "Los viajes de Gulliver", adaptada como musical. A actividade foi organizada polo Departamento de Lingua e Literatura Castelá.  
   


page | by Dr. Radut