Skip to Content

Alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato asiste á representación teatral de "La Casa de Bernarda Alba" e visita o CGAC

Alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato na obra "La Casa de Bernarda Alba", Santiago

Alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato realizou unha saída didáctica a Santiago de Compostela na mañá do martes 9 de abril. Nesta actividade asistiron á representación teatral de “La casa de Bernarda Alba” de Federico García Lorca, representada por  TransEduca espectáculos para centros educativos no auditorio do Colexio La Salle. Completaron a saída coa visita guiada ao Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), onde puideron ollar a exposición "Lamazares. Inda é día", que lles permitiu coñecer a produción artística do pintor lalinense Antón Lamazares. Foron acompañados polo profesorado Hilda Gulias, Paula Rey, Iris Cochón e Modesto Fontán. A actividade foi organizada polo departamento de Lingua e Literatura Castelá.

Alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato no CGAC, Santiago de Compostela



page | by Dr. Radut