Skip to Content

Actividades

WELDCUP 2107

O noso recentemente alumno titulado de 2º Ciclo Medio de Soldadura e Caldereiría, Julián Fernández Souto, gañador do GaliciaSkills 2016 na especialidade de soldadura e medalla de bronce no SpainSkills 2017, acadou un cuarto posto na WELDCUP 2017, Competición Internacional Europea para mozos soldadores, celebrada en Düsseldorf (Alemaña). Parabens.

Julián Fernández Souto cuarto posto na Weldcup 2017

Alumnos de 2º de Ciclo Medio de Soldadura en Holanda

Logo Erasmus+  Os alumnos Roberto Otero e Darío Gómez do segundo curso do Ciclo Medio de Soldadura están realizando a FCT (prácticas en empresa) en Holanda, nunha empresa adicada ao desenvolvemento e fabricación de artigos deportivos en aluminio e aceiro. Esta estadía comezou o 1 de marzo e rematará o 31 de maio, realizándose dentro do programa Erasmus +  
   

Julián Fernández medalla de bronce na fase estatal das olimpíadas de FP

O alumno de 2º Ciclo Medio do noso Centro, Julián Fernández Souto, foi medalla de bronce nos premios estatais de FP, SpainSkills, na categoría de soldadura; nesta competición promovíanse as competencias de destrezas.

Acompañado do seu profesor, Javier Hermida Liñeira, estivo representado a Galicia do 1 ao 4 de marzo en Madrid nestas olimpíadas de Formación Profesional tras acadar a medalla de ouro nas probas galegas o pasado mes de decembro. Noraboa polo posto e traballo realizado a alumno e titor.

  

Julián Fernández e o seu profesor Javier Hermida, nas olimpídas estatais de FP

 

 

Julián Fernández de 2º Ciclo Medio: Medalla de ouro no GaliciaSkills 2016

O alumno do IES de Valga  de 2º de Ciclo Medio de "Soldadura e Caldereiría" Julián Fernández Souto acada a medalla de ouro GaliciaSkills 2016 pola especialidade de Soldadura. Con este triunfo , Julián Fernández clasifícase para  competir  na edición estatal de SpainSkills  que se celebrará en Madrid no vindeiro mes de marzo. Para esta competición estivo titorizado polo profesor Javier Hermida Liñeira.

Julián Fernández medalla de ouro GaliciaSkills2016

Tamén participou na especialidade de Enxeñería de deseño mecánico-CAD o alumno de 2º de Ciclo Superior Miguel Suárez Fontenla que tivo unha actuación notable na mesma competición e estivo titorizado polo profesor Antón Castro.

Noraboa o premiado, o seu titor e a todo o centro. Neste enlace podes ver a entrega do premio.

GaliciaSkills é un campeonato a nivel galego onde compiten alumnado de Formación Profesional de  18-21 donde teñen que realizar unhas probas na que se miden as súas destrezas profesionais. 

 

Obradoiro de Oxicorte CNC no I.E.S. Valga

Distribuir contido


by Dr. Radut