Skip to Content

Actividades

Visita de profesorado do noso Centro ao Lycée Eric Tabarly dentro do programa Erasmus+

Visita ao Lycée Eric Tabarly dentro do programa Erasmus+

Os profesores do departamento de Fabricación Mecánica, Antonio Mirás e Javier Hermida, xunto co profesor de Francés, Beni Neo realizan, entre o martes 1 e o  venres 4 de outubro, unha visita ao Lycée Eric Tabarly, que é unha escola profesional (equivalente á nosa Formación Profesional) situada na vila de Olonne-sur-Mer, na rexión de Países do Loira, pertencente ao distrito costeiro de Les Sables-d'Olonne, aproximadamente a 100 km ao sur de Nantes. A actividade enmárcase dentro do programa Erasmus+. Están acompañados dos profesores dese centro, Antoine NOËL e David POIRON, os cales estiveron visitando as nosas instalacións no pasado mes de xuño.

Neste intercambio realizan un percorrido polos diferentes espazos do centro francés (talleres, bilbioteca, aulas...), así como reunións para  levar a cabo un proxecto común dentro do programa Erasmus+, como por exemplo intercambio de alumnado para prácticas e visitas, realización de traballos en conxunto, visitas do profesorado, etc.

ViLycée Eric Tabarly dentro do programa Erasmus+sita ao

Visita de profesorado do Lycée Eric Tabarly dentro do programa Erasmus+

Profesorado de Ciclos do IES Valga e do Lycée Eric Tabarly

Estes días tivemos a visita de Antoine NOËL e David POIRON, dous profesores franceses do Lycée Eric Tabarly. Acompañados do profesorado de Ciclos visitaron as instalacións do noso Centro, sendo tamén recibidos polo alcalde do concello de Valga.

A visita enmárcase dentro do programa Erasmus+. No vindeiro mes de setembro haberá unha devolución da visita por parte de profesorado de Ciclos do noso Centro e continuará co intercambio de alumnado para prácticas e visitas.

Visita de profesorado do Lycée Eric Tabarly dentro do programa Erasmus+

Proxecto Premio INNOVA 2019

Os días 17 e 18 de xuño, luns e martes, o IES de Valga recibirá a visita de Antoine NOËL e David POIRON, dous profesores franceses do Lycée Eric Tabarly, que é unha escola profesional (equivalente á nosa Formación Profesional) situada na vila de Olonne-sur-Mer, na rexión de Países do Loira, pertencente ao distrito costeiro de Les Sables-d'Olonne, aproximadamente a 100 km ao sur de Nantes.

Este centro está interesado en colaborar co noso para levar a cabo un proxecto común dentro do programa Erasmus+, como por exemplo intercambio de alumnado para prácticas e visitas, realización de traballos en conxunto, visitas do profesorado, etc.

Maqueta da estrutura metálica dunha nave industrial. Premio FP INNOVA 2019

No seguinte vídeo temos o proceso de deseño e construción da "Maqueta da estrutura metálica dunha nave industrial" que se presentou na exposición FP INNOVA 2019 no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela.

Vídeo elaboración Maqueta da estrutura metálica dunha nave industrial

Noraboa tanto ao persoal de Gama e hijos coma ao profesorado e alumnado dos ciclos formativos de Fabricación Mecánica que participaron no proxecto e construción desta maqueta.

Distribuir contido

by Dr. Radut