Skip to Content

Actividades

Alumnado do Ciclo Superior visita a empresa Fundivisa en Vilagarcía de Arousa

Alumnado CS Construcións Metálicas en Fundivisa, Vilagarcía

O alumnado de 1º e 2º do Ciclo Superior de Construcións Metálicas visitou o mércores 15 de febreiro a empresa Fundivisa, situado no Polígono do Pousadoiro en Vilagarcía de Arousa. Fundivisa é unha empresa creada en 2006 que se dedica á fabricación de elementos destinados á industria  naval, sobre todo hélices e turbinas, de fundición de bronce, para sistemas de propulsión. Foron acompoañados polo profesorado Nuria Casal e Antonio Mirás. A actividade foi organizada polo departamento de Fabricación Mecánica.

Alumnado CS Construcións Metálicas en Fundivisa, Vilagarcía

Alumnado do Ciclo Básico de Fabricación e Montaxe visita Extrugasa

Alumnado CB de Fabricación e Montaxe en EXTRUGASA

O venres 10 de febreiro, o alumnado de 1º e 2º de Fabricación e Montaxe realizou unha visita a Extrugasa. Foron acompañados polo profesorado Luciano Rodríguez e Antonio García. Os alumnos foron recibidos por don Andrés Quintá.

A actividade do departamento de Fabricación Mecánica realizouse dentro das xornadas “Tecnolóxicas Week” organizadas por Asime e a Deputación de Pontevedra

“A Tecnolóxicas Week é unha semana temática de actividades e xornadas en diversos municipios da provincia de Pontevedra, para fomentar as vocacións técnicas e tecnolóxicas na xente moza, con especial foco nas mulleres. Buscamos acercar a realidade da industria á xente moza, para que coñezan os traballos e oportunidades que poden desenvolver nun sector que ofrece enormes posibilidades de emprego estable e desenvolvemento profesional. O obxectivo é fomentar a empregabilidade dos mozos e paliar a medio-longo prazo a falta de persoal cualificado no sector, á vez que traballamos por unha maior integración de perfiles femininos en postos técnico-tecnolóxicos dentro da industria.” 

Alumnado CB de Fabricación e Montaxe en EXTRUGASA

Visita a ExpoFerr do alumnado do departamento de FM

O alumnado de 2º do Ciclo Medio de Soldadura e Caldeiraría e 1º e 2º do Ciclo Superior de Construcións Metálicas realizou unha visita a ExpoFerr, Feira de subministración e ferraxería industrial, protección laboral e maquinaria. Foron acompañados polo profesorado Antonio Mirás, Nuria Casal e Francisco Alvar. A actividade foi organizada polo departamento de Fabricación Mecánica.

Alumnado de Ciclos en Expoferr, Silleda

Enlace a noticia do Faro de Vigo

Visita de profesorado do Lycée Eric Tabarly de Francia ao noso centro

Visita de profesorado da escola profesional Eric Tabarly

O xoves 24 de marzo visitaron o noso centro dous novos membros do profesorado da escola profesional Eric Tabarly da vila francesa de Olonne sur Mer. Nesta ocasión viñeron Jean-Louis (profesor de matemáticas) e Brigitte (profesora de francés e historia) que reemprazan aos dous profesores anteriores nas tarefas de acompañamento e supervisión dos cinco alumnos que realizan prácticas en empresas de Santiago. Estarán desde o 22 de marzo ao 2 de abril, data en que remata o período de prácticas dos alumnos. Durante a súa visita e acompañados de Antonio Mirás do departamento de Fabricación Mecánica e Beni Neo do departamento de Francés, percorreron o noso Centro, visitaron varias aulas, conversaron e fixéronse fotos co alumnado, ademais de interesarse polos nosos plans de estudos.

Alumnado de Francés de 2º Bacharelato co profesorado da escola profesional Eric Tabarly

Visita de alumnado en prácticas do Lycée Eric Tabarly

Visita de alumnado en prácticas do Lycée Eric Tabarly

O venres 18 de marzo estiveron no noso centro cinco alumnos acompañado de profesorado da escola profesional Eric Tabarly da vila francesa de Olonne sur Mer. Os alumnos cursan estudos de Soldadura e Caldeiraría no seu centro e están a desenvolver un período de tres semanas de prácticas en empresas de Santiago. Acompañando aos seus alumnos están David (profesor de Caldeiraría) e Muriel (profesora de Matemáticas).
Xunto cos profesores Antonio e Javier do departamento de Fabricación Mecánica e Beni do departamento de Francés percorreron os distintos espazos do centro, especialmente os talleres e aulas dos nosos Ciclos.

Visita de alumnado en prácticas do Lycée Eric Tabarly

Distribuir contido


by Dr. Radut