Skip to Content

Actividades

O IES Valga na exposición FP INNOVA 2019

Maqueta e construtores do proxecto INNOVA 2019

O IES de Valga participa na exposición FP INNOVA 2019, que se celebrará os días 8, 9 e 10 de maio  no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela. Alí presentará o seu proxecto: “a Maqueta da estrutura metálica dunha nave industrial”, toda ela construída mediante impresión 3D.
Este proxecto, premiado na convocatoria de Premios a proxectos de innovación na FP innova 2019, foi realizado coa colaboración da empresa Gama e hijos SL e nela participaron tanto persoal de Gama e hijos coma profesorado e alumnado dos ciclos de Fabricación Mecánica.

Maqueta da estrutura metálica dunha nave industrial

Alumnado e profesorado de Ciclos visita a empresa Aimen en O Porriño

Alumnado e profesorado de Ciclos visita a empresa Aimen en O Porriño

O venres 3 de maio, un grupo de alumnos dos ciclos de Fabricaciòn Mecánica do noso centro visitou a empresa Aimen en O Porriño. Aimen é un centro de innovación tecnolóxica especializado en materiais e ensaios xunto a tecnoloxías de fabricaciòn, especialmente na innovación con tecnoloxía láser e robótica. Foron acompañados por algúns dos membros do profesorado deste departamento, encargado da realización desta actividade.

Alumnado de 1º Ciclo Superior de Construcións Metálicas en Navantia-Fene e Navantia-Ferrol

Alumnado de 1º Ciclo Superior en Navantia, Fene  Alumnado de 1º Ciclo Superior en Navantia, Fene   

O alumnado de 1º Ciclo Superior de Construcións Metálicas realizou unha visita a Navantia. Pola maña, visitou as instalacións de Navantia-Fene. Pola tarde,a quenda foi un percorrido polas diversas instalacións de  Navantia-Ferrol, factoria naval militar: a grada, os talleres de prefabricado,o  elaborado, os tubeiros e as turbinas. Nas fotografías podemos ollar ao alumnado cos jackets ou superestruturas da eólica mariña que se colocan nos campos de muíños en alta mar, e que están situados baixo a grúa pórtico de Navantia-Fene. Foron acompañados pola profesora Mercedes Calvelo.

 
   

O IES Valga no programa "Fun polo aire" da TVG

    O programa número 98 de "Fun polo aire" da Televisión de Galicia emitiu, na tarde do luns 4 de febreiro, unha reportaxe que co título de "Desertan os mozos dos oficios tradicionais?" estivo centrada en como se forman os futuros soldadores. Un equipo deste programa realizou esta reportaxe, onde  alumnado e profesorado mostrou, nas instalacións do Ciclo Medio e Superior da familia de Fabricación Mecánica, as distintas formas que teñen de traballar e as distintas posibilidades que se lle ofrecen de cara á súa saída profesional.  Se picas neste enlace podes ver esta reportaxe. 

 
   

Entrega do Premio Eduemprende Idea 2018 ao alumnado do noso Centro Sara Iglesias e Juan Mariño

entrega do Premio Eduemprende Idea 2018 ao alumnado do noso Centro Sara Iglesias e Juan Mariño  entrega do Premio Eduemprende Idea 2018 á alumna do noso Centro Sara Iglesias  O pasado 12 de decembro a Cidade da Cultura acolleu a entrega do Premio Eduemprende Idea 2018, no que resultaron gañadores do 1º premio na modalidade de ciclos medios o alumnado do noso centro, Sara Iglesias e Juan Mariño, do Ciclo Medio de Soldadura e Caldeiraría, polo seu proxecto empresarial SUEVIA, Mantemento e Restauracións Metálicas, SL. Deixámosvos unhas fotos do acto.  
   
Distribuir contido


by Dr. Radut