O alumnado de 1º Ciclo Superior de Construcións Metálicas realizou unha visita a Navantia. Pola maña, visitou as instalacións de Navantia-Fene. Pola tarde,a quenda foi un percorrido polas diversas instalacións de Navantia-Ferrol, factoria naval militar: a grada, os talleres de prefabricado,o elaborado, os tubeiros e as turbinas. Nas fotografías podemos ollar ao alumnado cos jackets ou superestruturas da eólica mariña que se colocan nos campos de muíños en alta mar, e que están situados baixo a grúa pórtico de Navantia-Fene. Foron acompañados pola profesora Mercedes Calvelo. |
|