Skip to Content

Julián Fernández medalla de bronce na fase estatal das olimpíadas de FP

O alumno de 2º Ciclo Medio do noso Centro, Julián Fernández Souto, foi medalla de bronce nos premios estatais de FP, SpainSkills, na categoría de soldadura; nesta competición promovíanse as competencias de destrezas.

Acompañado do seu profesor, Javier Hermida Liñeira, estivo representado a Galicia do 1 ao 4 de marzo en Madrid nestas olimpíadas de Formación Profesional tras acadar a medalla de ouro nas probas galegas o pasado mes de decembro. Noraboa polo posto e traballo realizado a alumno e titor.

  

Julián Fernández e o seu profesor Javier Hermida, nas olimpídas estatais de FP

 

 



page | by Dr. Radut