Skip to Content

Alumnado de Ciclos de FM e de Física de 2º Bacharelato asisten a un obradoiro demostración por persoal da empresa BINARIAL

Alumnado de Fisica de 2º Bacharelato no obradoiro da empresa BINARIAL

O luns 4 de marzo, na Biblioteca, o alumnado de 2º curso do Ciclo Básico, do Ciclo Medio e de DUAL de Fabricación Mecánica xunto co alumnado de Física de 2º Bacharelato participou nun obradoiro demostración sobre Mecatrónica,a cargo de persoal da empresa innovadora de base tecnolóxica galega: BINARIAL. O alumnado puido coñecer máis sobre o deseño e fabricación de produtos ou sistemas intelixentes, facendo uso das diferentes ferramentas mecánicas, electrónicas ou informáticas. A actividade foi organizada polo departamento de Fabricación Mecánica.



page | by Dr. Radut