Skip to Content

Un curso ben orientado!

Estamos rematando o curso e queremos deixar unha fugaz constancia do que estivemos facendo no insti. Como xa sabedes, desde Orientación traballamos un espazo de encontro mensual coas familias a través dun CP_Inclúe, centrado este ano na mellora da comunicación. 

Volvimos participar no Proxecto Enclave, que nos permitiu ter unha un programa de terapia psicolóxica gratuíta no centro (de mans de expertos e en colaboración co concello).

Entroutras actividades, organizamos unha formación sobre o abuso sexual a menores, impartida por AMINO.gal; creamos as I Xornadas de educación afectivo sexual; desenvolvimos un programa de Prevención de condutas aditivas con/sen sustancia; Obradoiro de prevención e intervención do acoso escolar, impartido por Exeria; Programa de regulación emocional, pola psicóloga Alba Castelo.

IMPRESOS MATRÍCULA 1º ESO curso 2023/20224

Adxunto cos arquivos para a solicitude de matrícula no curso de 1º ESO.

 

XORNADA de PORTAS ABERTAS para as familias de novo ingreso

O vindeiro xoves 1 de xuño, celebraremos a xornada de portas abertas para as familias de nova incorporación ao centro. Teremos dúas quendas: a primeira será ás 10:30 horas e a segunda ás 19:30 horas. Esperamos a súa visita.  

Convocatoria FONDO LIBROS curso 2023/2024

Publicado no DOG do venres, 19 de maio de 2023, a convocatoria para a participación no Fondo Solidario de libros de texto para o curso 2023-2024. As solicitudes poden presentarse presencialmente ou na sede electrónica da Xunta. A partir do luns disporán dos formularios no centro. O prazo de presentación comeza o 20/05/2023 e remata 0 21/06/2023 (ámbolos dous incluidos). O alumnado que empece 1º ESO, debe presentar a solicitude do fondo de libros no centro que estea admitido para o curso 2023/2024.

Ollo! Este prazo acaba antes de formalizarse a matrícula.

Distribuir contido


by Dr. Radut