Skip to Content

Erro no ISBN libro Xeografía e Historia 1º ESO

Estimadas familias, advertimos dun erro no ISBN do libro de Xeografía e Historia de 1º ESO. O número correcto é o seguinte:

ISBN: 978-84-682-7326-6

 

 

HORARIO INICIO CURSO ESCOLAR 2023/24

O curso escolar 2023/24 comezará o vindeiro 11 de setembro en horario habitual. Todo o alumnado, desde 1º a 4º ESO, debe presentarse no centro en horario de 08:35 a 14:15 horas.

Haberá servizo de transporte coas paradas habituais. Poden comprobar a parada asignada na lapela transporte da aplicación abalar.

O alumnado poderá traer merenda e material como unha libreta e algún bolígrafo para tomar notas.

Os libros e os vales entregaranse ao longo da semana próxima e serán informados por abalar para pasar a recollelos.

CERTIFICADOS PROBAS DE NIVEL

O alumnado que se presentou aos exames de certificación de linguas estranxeiras e conseguiu superalos, poderá pasar a recoller o certificado oficial durante o mes de setembro xa que o instituto estará pechado durante o mes de agosto.

 

LUNS 24 de XULLO NON estará aberto o centro.

O luns 24 de xullo o centro permanecerá pechado. Abrirá o mércores de novo con horario de atención ao público de 9:30 a 13:30.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2023/2024

As materias de LATÍN E ORATORIA de 3º e 4º NON teñen libro.

O alumnado que deba mercar o libro de Lingua Castelá de 4º ESO que agarde a setembro.

Adxunto como pdf a listaxe completa dos libros para cada curso.

Distribuir contido


by Dr. Radut