Actividades

ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA

O pasado xoves o alumnado de 1º de Primaria participou na actividade "Descubrindo a biblioteca", na que coñeceron o espazo, os libros e demais materiais, recibiron os seus carnés de lectores e escoitaron un conto relatado pola profesora Susana. Esperamos velos moito pola biblioteca disfrutando dos seus recursos!

 

SAÍDA DIDÁCTICA FIN DE CURSO PRIMARIA

Onte, día 1 de xuño, o alumnado de 1º,2º,3º e 4º de primaria realizaron unha saída didáctica para visitar FERVENZAVENTURA, unha granxa escola na que participaron en diferentes obradoiros.

Os monitores /as estupendos e a atención maravillosa. Moi recomendable.

ENLACE ÁS FOTOS

SAÍDA AO MERCADO

 

O martes día 23 o alumnado de 4º realizamos unha saída a  diferentes supermercados e a praza de  abastos de Padrón acompañados por tres pais, a mestra Jose e a titora, Marga.

Fixemos o traxecto  de ida no transporte público ARRIVA. Unha vez  en Padrón cada grupo acompañado por un adulto dirixiuse ó establecemento asignado onde tiñamos que mercar os ingredientes necesarios para elaborar o seguinte menú para 25 comensais ( as cantidades xa as calcularamos anteriormente ):

1º prato............ ensalada de pasta

2º prato............. peitugas con ensalada mixta

Sobremesa........ amorodos con nata

Rematada a compra xuntámonos todos no Xardín Botánico para merendar. A continuación dirixímonos á praza de abastos para observar e conversar sobre os produtos que alí se venden coas/cos vendedoras/vendedores.

Xa cansas e cansos, pero moi contentas e contentos coa experiencia vivida , coa atención e trato prestado nos diferentes establecementos, regresamos para o centro no transporte escolar.

 

Ó día seguinte outro grupo de pais acudiron o centro para axudarnos  a elaborar os menús. Por fin chegou a hora de degustalos, estaban boíiiiiiiiiiiisimos.

Moitas grazas a todos por facer posible esta experiencia didáctica.

Máis fotos no ENLACE

DÍA DO LIBRO

O luns día 24 de abril o alumnado de ESO celebrou o Día do Libro cunha actividade na biblioteca: unha investigación para resolver os misterios e atopar os títulos ocultos.

O grupo gañador tivo un presente moi especial: Chocolatada acompañada de pastas de té.


 

Tamén foi celebrado este día polo alumnado de 2º de primaria. Neste caso realizaron marcapáxinas "monstruosos"

 A mostrar 20170420_132914.jpg  A mostrar 20170420_132845.jpg

A mostrar 20170420_132832.jpg  A mostrar 20170420_132819.jpg

A mostrar 20170420_132753.jpg

PREPARANDO O PROXECTO DE FINAL DE CURSO

 

Os alumnos de 1º de primaria seguimos a traballar no proxecto de centro, esta vez elaboramos unhas preciosas bruxiñas móbiles.

 

CONTACONTOS

O día 3 de marzo recibimos a inestimable visita de Paco Nogueira a través da Editorial Kalandraka. Contou historias realmente interesantes e divertidas. Aquí tedes algunhas fotos:

 

 

 

RECIBIMOS O LIBRO DE DEBUXOS

 Ahmad e Leticia manifestan a súa ledicia ao recibir o noso libriño de debuxos. Gustoulles moito!!!

 

 

 

 

 

TÍTERES

"A mestra Tomasa lendo e viaxando polo mundo” é unha obra da compañía Duende Sico SL que pretende fomentar a lingua galega na infancia, estimular a creatividade e a imaxinación, transmitir o interese pola lectura e  faavorecer a socialización en galego entre os máis pequenos.

O venres o alumnado de 2º, 3º e 4º de primaria asistiron a este espectáculo ofrecido no CPI Dices de Rois e organizado pola Concellalía de Cultura dos concello de Rois e Dodro.

Despois de ver a obra merendaron e realizaron un obradoiro relacionado coa animacion a lectura.

Aquí podedes ver algunhas fotos do evento e no ENLACE tedes algunhas máis.

 

 

 

AGASALLO PARA AHMAD E LETICIA

Como agasallo para Ahmad e Leticia, os alumn@s de 5º e 6º preparamos un libriño de debuxos e poemas adicados.

 

  

  

 

         Agardamos que sexa do seu agrado. 

 

EXODUS:NA PROCURA DO REFUXIO

No CPI de Pontecesures podemos ver a exposición EXODUS: na procura do refuxio de luns a venres de 14:00 a 15:00 e os martes de 16:30 a 18:30.

As fotografías, realizadas entre setembro e outubro de 2015, documentan as vivencias dos refuxiados que foxen de distintos conflictos bélicos  para chegar a Lesbos e percorrer os Balcans na busca dun novo fogar en Europa.

No enlace podedes ver as fotos de dita exposición.

Powered by Drupal - Design by artinet