Actividades

COMPOSTEIRO

 Presentamos o reconto que fixemos o alumnado de 5º e 6º de residuos orgánicos que fomos levando cada semana ao composteiro.

 

Ao longo dos meses de marzo, abril e maio pesamos semanalmente os residuos orgánicos acumulados entre as dúas clases. En total 21,2 Kg, que fomos levando ao composteiro xunto con restos de herba cortada.

Para o curso que ven poderemos aproveitalo como abono para a nosa horta! Sorriso

FROITOS

Na nosa horta empezamos a ver os primeiros froitos: 

 

Os garavanzos xa asoman...

 

Poderemos recoller sementes de rúcula para a sementeira no ano que vén!

 

A pataca do aire xa ten pataquiñas!

 

E o noso horto vertical está espléndido! Xa temos amorodos!

 

GuayGuayGuay

SENSIBILIZANDO AOS MÁIS PEQUENOS

 

En 1º de primaria traballamos as emocións a partir da curtametraxe " The Present"  e de como os cans, as súas mascotas lles fan mudar o seu estado de ánimo. Cando están tristes por algún problema xogan con el e póñense moi contentos e xa esquecen todo...

ENLACE Á CURTAMETRAXE

CAMIÑANDO POLO MONTE

O alumnado de 4º, 5º e 6º realizamos un roteiro de sendeirismo dende o monte Treito ata o Pico Muralla e de volta por Campelo e Bustelo.

Visitamos a subestación do parque eólico, onde uns técnicos nos explicaron brevemente como o era seu funcionamento.

 

 O inicio do percorrido no lugar do Treito:

 

 

Un alto no camiño para ver os animais

 

Disfrutando coas marabillosas vistas desde a Muralla. En primeiro plano: o vértice xeodésico, sabes para que serve?

 

Un técnico de Meteogalicia explicounos como se usan os instrumentos meteorolóxicos para medir a temperatura da terra, a humidade relativa, as precipitacións, a dirección e velocidade do vento,...

 

 

Unha paradiña no camiño para merendar e recuperar forzas.

 

Espectacular a vista das aldeas de Campelo, Bustelo e Vilar coa ría de Arousa ao fondo.

 

E, por fin, chegamos a Bustelo onde repuxemos auga e collemos o bus para voltar ao cole.

Aquí temos o percorrido realizado:

 

Foron cáseque 7km de andaina que se nos pasaron axiña. 

Disfrutamos un montón!

COÑECE O TEU CONCELLO

O alumnado de 5º de Primaria participou no concurso anual que organiza La Voz de Galicia "Coñece o teu concello". Aquí tedes unha mostra dun dos traballos enviados.

Boa sorte rapaces!!!

APRENDENDO A SER XORNALISTAS

Hoxe veu visitarnos Manuel Rey, xornalista que traballa actualmente no portal GCiencia . Ilustrounos sobre como elaborar unha entrevista xeitosa e falounos sobre a súa tarefa como xornalista no portal da ciencia galega.

 

 

Velaquí temos o alumnado de 5º e 6º moi atento á exposición e con moitas preguntas para formularlle.

 

Manuel Rey falando sobre o amplo que é o mundo do xornalismo.

 

O alumnado decidiu entrevistar a Rosalía de Castro

 

Aprendemos cales son os erros máis comúns ao facer unha entrevista.

Foi unha exposición interesante e amena ao longo de dúas sesións de clase. E porque tocou o timbre do recreo e ese non o perdoamos, que se non... alí seguiriamos formulando preguntas!

 Agradecemos a Manuel a súa presenza no noso cole. 

Animádevos a visitar o portal GCiencia!! Clica aquí.

POR UN PATIO LIMPO

O venres, despois de que pasaran a cortar a herba, no patio de Primaria detectamos que había algo de lixo, sobre todo residuos plásticos. Acordamos entón sair a limpar e velaquí o resultado:

 

Asumimos o compromiso de utilizar os recipientes interiores para depositar os residuos posto que se os depositamos nos de fóra é probable que o vento os faga voar.

Entre todos conseguiremos manter o patio recollido e limpo.

 

 

OBSERVAMOS COMO MEDRAN AS PLANTAS

Botade un ollo á nosa horta. É unha regalía ver como medran o cebolo, os chícharos, as leitugas,...

E dentro da aula temos unha "leira de millo" moi especial

 

 

 

         As lentellas xa teñen flor!

O día do libro

O luns 23 de abril o alumnado de 2º de primaria participou na actividade da biblioteca para conmemorar o día do libro.

O lema que creamos foi "OS LIBROS TEÑEN SUPERPODERES, TI CAL QUERES?"

Aquí vos deixo unha foto dos nosos emisarios!! 

Día do libro

O alumnado de primeiro e segundo de primaria elaboraron un marcapáxinas para celebrar o día do libro. A temática escollida xira entorno ao disfraz do entroido.

.Marcapáxinas 1ºMarcapáxinas 2º

E así de contentos estaban co seu traballo!!

Powered by Drupal - Design by artinet