Magosto e Samaín

O vindeiro xoves 30 de outubro celebraremos o Magosto e o Samaín (Halloween).

Os alumnos de secundaria terán clase ata as 10.30 e logo participarán nunha actividade de contacontos

con Celso Fernández Sanmartín na biblioteca.

Os alumnos de Primaria terána sesión de contacontos ás 11.25, mentras, os alumnos de secundaria empezarán a preparar o Magosto nunha parcela do recinto escolar.

Logo todos xuntos asaremos os chourizos e as castañas.

A saída para todos os alumnos/as será ás 14.20.

MÁIS ADOPCIÓNS!!!

Esta é a última da camada recollida estes días. Coma sempre solicitamos a colaboración das familias para tratar de atoparlle un fogar. Se alguén sabe de quen pode estar interesado en adoptala, por favor chame ao 981 80 22 05. Grazas .

POEMA SOLIDARIO

CADEAS

Un día sufocante, o caseto dun can e o can encadeado.

Uns pasos máis alá un prato pequeno cheo de auga.

Mais a cadea é demasiado curta e o can non alcanza.

Engadamos á imaxe un detalle máis:

as nosas moito máis longas

e menos visibles cadeas

que nos permiten pasar de longo tranquilamente.

Wisława Szymborska, (2 de julio de 1923- Cracovia, 1 de febrero de 2012)

Datas dos exames de secundaria

Xa poden ver as datas dos exames de secundaria entrando en "alumnado", "exames secundaria"

ABANDONO

Atopada no patio do colexio.Xa foi adoptada por unha boa familia.....Unha das irmáns foi adoptada por unha familia de Boiro e outro cachorro por outra familia de Santiago.

Aínda queda un.......Se alguén ten interese en adoptarlo, por favor,póñase en contacto co colexio (981802205).

Grazas a todas esas familias que acolleron aos canciños. Sen a súa axuda probablemente non terían sobrevivido. Grazas de corazón!!!!

Moitas grazas pola vosa colaboración.

INFORMACIÓN

XA SE PODEN CONSULTAR OS HORARIOS DE ATENCIÓN AOS PAIS NO ENLACE

LISTADO LIBROS TEXTO 2014-15

Picando no ENLACE accededes ao listado de libros de texto para o vindeiro curso 2014-2015.

UNDERSTANDING DOGS

Facendo CLICK poderedes ver o Power Point feito polos alumnos de 1º de ESO sobre educación canina. Foi realizado en inglés dentro da sección bilingüe da materia do Proxecto Interdisciplinar. Esperamos que vos guste.

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA

 

 

Facendo CLICK poderedes ver fotos dos proxectos rematados deste ano....

VIAXE A LONDRES

Este curso decidimos lanzarnos á aventura e visitamos Londres. Foi unha experiencia fantástica. Podedes ver fotos na GALERÍA!!!

Powered by Drupal - Design by artinet