XORNADA TÉCNICA: MARCA PINO DE GALICIA.
27 de setembro 2023, 16:00-19:00 h
A Marca de Garantía Pino de Galicia é unha ferramenta crave para uniformar os estándares de orixe, trazabilidade, calidade e situar a madeira e produtos de madeira maciza de piñeiro de Galicia entre os prescriptores, usuarios finais e mercados. A súa entrada en funcionamento tivo lugar no primeiro trimestre de 2022.
Nesta xornada técnica, organizada pola fundación ARUME, en colaboración coa Axencia galega da industria forestal XERA e o CIFP A Xunqueira PONTEVEDRA, preténdese divulgar as características e propiedades técnicas de orixe, trazabilidade e calidade da madeira de piñeiro, que medra nos montes de Galicia e produtos de madeira de piñeiro obtidos nas industrias forestais de Galicia da Marca de Garantía Piñeiro de Galicia, entre os estudantes, profesores e investigadores do CIFP A Xunqueira.
A xornada será ofrecida en modalidade presencial no CIFP A Xunqueira. Prazas limitadas até completar aforamento.
Programa
16:00 h. PRESENTACIÓN DA XORNADA
D. Xosé Magariños. Profesor CIFP A Xunqueira PONTEVEDRA
16:15 h. MARCA PINO DE GALICIA
D. David Lorenzo. Secretario Marca de Garantía Pino de Galicia
17:30 h. TALLER DE MOSTRAS DE PRODUTOS DE MADEIRA DE PIÑEIRO DE GALICIA
D. David Lorenzo. Secretario Marca de Garantía Pino de Galicia
19:00 h. PECHE XORNADA.