CM Carpintaría e moble

  • Grao: Medio (LOE).
  • Duración: Dous cursos.
  • Que título se obtén?: Técnico/a en carpintaría e moble.

Que se aprende a facer?

Fabricar elementos de carpintaría e mobles, realizando os procesos de mecanizado, montaxe, acabamento, almacenamento e expedición de produtos, cumprindo as especificacións de calidade, seguridade e protección ambiental.

En que ámbitos se traballa?

Industrias dedicadas á fabricación e a montaxe de moblaxe e elementos de carpintaría, e na aplicación de produtos de acabamento.

Para completar esta información descarga o seguinte documento: