CS Mantemento electrónico

  • Grao: Superior (LOE)
  • Duración: 2000 horas
  • Que titulación se obtén?: Técnico/a superior en Mantemento Electrónico.

Que se aprende a facer?

Manter e reparar equipamentos e sistemas electrónicos, profesionais, industriais e de consumo, así como planificar e organizar os procesos de mantemento, con criterios de calidade, aplicando a normativa e os plans de prevención de riscos laborais e ambientais.

En que ámbitos se traballa?

Empresas do sector servizos, tanto privadas como públicas, adicadas ao mantemento e a reparación de equipamentos e sistemas de telecomunicacións, sistemas microprocesados, redes de banda larga, telemática e radiocomunicacións, así como equipamentos industriais e profesionais de audio e vídeo, por conta propia ou allea.

Para completar esta información descarga o seguinte documento: