CS Integración social

  • Grao: Superior (LOE).
  • Duración: 2000 horas. (Dous cursos no réxime ordinario).
  • Que título se obtén?: Técnico/a superior en Integración Social.

Que se aprende a facer?

Programar, organizar, pór en práctica e avaliar as intervencións de integración social aplicando estratexias e técnicas específicas, promovendo a igualdade de oportunidades, con actitude de respecto cara ás persoas destinatarias e garantindo a creación de ámbitos seguros, tanto para profesionais como para as persoas destinatarias.

En que ámbitos se traballa?

No sector dos servizos ás persoas (de tipo asistencial, educativo, de apoio na xestión doméstica e psicosocial) e no de servizos á comunidade (atención psicosocial,a colectivos e persoas em desvantaxe social, mediación comunitaria, inserción ocupacional e laboral, promoción de igualdade de oportunidades e defensa dos dereitos das vítimas de violencia de xénero e dos seus fillos e as súas fillas).

Para completar esta información descarga o seguinte documento: