Coordinación de Innovación e Formación do Profesorado

Esta institución educativa como centro de Formación Profesional está obrigada a dar unha resposta rápida e flexible ás demandas de formación do mercado laboral. A formación permanente das persoas encargadas da formación é un dereito e unha obriga, así como unha responsabilidade das institucións educativas.

Entre as funcións desta área do Departamento de Calidade están:

  1. Dirixir e coordinar as actividades referidas á innovación educativa e tecnolóxica, así como proxectos de investigación, e a súa transferencia nos procesos empresariais e nas súas aplicacións didácticas.
  2. Realizar o seguimento do plan de actividades de formación do profesorado.