Coordinación de Programas Internacionais

Benvidas e benvidos á páxina da Coordinación de Programas Internacionais, dende onde informaremos puntualmente das actividades relacionadas con este departamento, así como das condicións de participación nas mesmas, tanto do alumnado coma do profesorado. Dende o Departamento traballamos pola internacionalización do CIFP A Xunqueira, promovendo e favorecendo a mellora das competencias profesionais tanto do alumnado coma das e dos docentes. A nosa estratexia de internacionalización recolle os principios de actuación e obxectivos para os próximos 5 anos.             

Estou á vosa disposición os mércores e xoves, de 12:00 a 13:00, na aula 109 do edificio central (Aula de Coordinacións). Podedes tamén contactar conmigo a través do seguinte correo electrónico: internacionais.cifp.xunqueira@gmail.com

Un saúdo,

Alberto Rodríguez

Coordinador de Programas Internacionais 

 

Resultado de imagen de VET MOBILITY CHARTERResultado de imaxes para carta eche erasmus