Comisión de Seguridade e Saúde
![Comisión de Seguridade e Saúde Comisión de Seguridade e Saúde](http://www.edu.xunta.gal/centros/cifpxunqueira/sites/www.edu.xunta.gal.centros.cifpxunqueira/files/styles/imagen_detalle_pagina_basica_380x240/public/Seguridad.jpg?itok=2aar_QTS)
A Comisión de Seguridade e saúde laboral, está dirixida e coordinada pola xefatura da área de Administración e xestión, coa finalidade de establecer a aplicación da normativa de prevención de riscos laborais.
Esta comisión está composta polo xefe ou a xefa da área de Administración e xestión, os xefes ou as xefas dos departamentos do centro e a persoa que designe o xefe ou xefa da área de Administración e xestión de entre o persoal non docente con destino definitivo no centro.
Esta comisión será a encargada de:
- Elaborar o plan de autoprotección do centro integrado, coordinar a súa implantación e supervisar o seu cumprimento, de acordo coa lexislación vixente.
- Planificar e levar a cabo os simulacros de evacuación ou calquera outra actividade relacionada coa prevención de riscos, así como elaborar os correspondentes informes de resultados.
- Favorecer a información á poboación afectada sobre os riscos a que está sometida e o modo adecuado de actuación, así como fomentar a cultura de prevención na comunidade do centro.
- Formular propostas de adquisición de equipamentos e materiais necesarios para o desenvolvemento das actividades de seguridade e saúde laboral.