CS Educación infantil

  • Grao: Superior (LOE).
  • Duración: 2000 horas.
  • Oferta no CIFP A Xunqueira: Réxime ordinario presencial (mañá) e Réxime modular distancia.
  • Que título se obtén?: Técnico/a superior en Educación Infantil

Que se aprende a facer?

Deseñar, pór en práctica e avaliar proxectos e programas educativos de atención á infancia no primeiro ciclo de educación infantil no ámbito formal, en base á proposta pedagóxica elaborada por un mestre ou unha mestra coa especialización en educación infantil ou título de grao equivalente, e en toda a etapa no ámbito non formal, xerando contornos seguros e en colaboración con profesionais e coas familias.

En que ámbitos se traballa?

No sector da educación formal e non formal e no sector dos servizos sociais de atención á infancia.

Para completar esta información descarga o seguinte documento: