Biblioteca

A biblioteca CIFP A Xunqueira é un espazo de recursos para a lectura, información e aprendizaxe de toda a comunidade educativa.
Dispoñemos dunha colección con fondos en diferentes soportes relativos a contidos curriculares, obras xerais de referencia, ficción... A meirande parte están na biblioteca, aínda que tamén os hai noutras zonas, como nos departamentos das familias profesionais.
Horario:
Abrimos en horario continuo de 8.30 a 21.00 h. de luns a venres.
Servizos:
-
Préstamo.
-
Lectura e consulta en sala.
-
Ordenadores con acceso á Rede para facer buscas documentais e/ou traballos.
-
Espazo de traballo: postos para o traballo individual ou en grupo.
-
Formación no uso da biblioteca.
-
Accións para o fomento da lectura, culturais e para a alfabetización informacional.
-
Solicitude de novas adquisicións.
-
Wifi.
Redes sociais:
- Facebook: Biblio CIFP A Xunqueira.
- Instagram: @biblioteca.cifpaxunqueira.
- Blog.