CS Deseño e Amoblamento

  • Grao: Superior (LOE).
  • Duración: 2000 horas. (Dous cursos no réxime ordinario). Horario de tarde
  • Que título se obtén?: Técnico/a superior en deseño e amoblamento.

Que se aprende a facer?

Deseñar mobles e elementos de carpintaría, xestionar a súa produción e a súa instalación, e participar no mantemento dos sistemas de calidade, de protección ambiental e de prevención de riscos laborais.

En que ámbitos se traballa?

No sector da produción e a instación de carpintaría e moble, en pequenas, medianas e grandes empresas, por conta allea ou por conta propia, desenvolvendo funcións de deseño técnico, supervisión da produción, fabricación automatizada, execución de proxectos de amobalmento e montaxe de instalacións.

Ocupacións e postos de traballo máis relevantes

Debuxante proxectista de mobles, técnico/a en desenvolvemento de produtos de carpintaría e mobles, proxectista de carpintaría e moble, xerente de empresas de madeira, moble e outras manufacturas, técnico/a de control de calidade en industrias de madeira e cortiza, en cargado/a de oficina técnica, xefe/a de fabricación, controla dor/ora de produción, xefe/a de sección, xefe/a de equipo

Para completar esta información descarga o seguinte documento: