Departamento de información e orientación profesional

O Departamento de Información e Orientación Profesional do CIFP A Xunqueira está constituído pola orientadora, un profesor/a por cada departamento de familia profesional e un membro do departamento de FOL. Dentro do departamento inclúese a Coordinación de Emprendemento.

O Departamento de Información e Orientación Profesional ten varias competencias atribuídas, entre elas elaborar as propostas de organización da orientación educativa e profesional, da acción titorial e da atención á diversidade do centro.

Ademais ten estas outras funcións:

  1. Informar e orientar ás persoas que participen no procedemento de recoñecemento, avaliación, acreditación e certificación da competencia profesional dos itinerarios formativos e da formación ao longo da vida.

  2. Motivar o alumnado e persoas cara as actividades de emprendemento.

  3. Planificar a actividade dos viveiros de empresas, os espazos e recursos para a posta en marcha de proxectos de emprendemento.

  4. Realizar estudos de inserción laboral do alumnado e de mercado de traballo.

  5. Xestionar a bolsa de emprego do centro.

  6. Coordinar, apoiar e ofrecer soporte técnico ás actividades de información, orientación e titoría que realice o profesorado.

  7. Colaborar na detección de dificultades ou problemas de desenvolvemento ou aprendizaxe, así como no diagnóstico, deseño e aplicación de medidas de atención á diversidade.

  8. Contribuír a que a avaliación se axuste aos principios de continua, formativa e orientativa.

  9. Elaborar propostas acerca dos perfís profesionais.

No desenvolvemento das súas funcións, o departamento integrará a perspectiva de xénero.

 
Departamento de Información e Orientación Profesional
Horario e Contacto
Novas
Información Xeral
Emprendemento
Bolsa de Emprego