CB Carpintaría e moble

  • Grao: Básico
  • Duración: 2000 horas. (Dous cursos)
  • Que título se obtén?: Título profesional básico en Carpintaría e moble.

Que se aprende a facer?

Realizar operacións básicas de fabricación, instalación e montaxe de elementos de carpintaría e moble, mecanizando madeira e derivados, acondicionando superficies, aplicando produtos de acabamento e auxiliando nos procesos de tapizado, colaborando na elaboración de produtos coa estética e os acabamentos requiridos, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.

En que ámbitos se traballa?

En pequenas, medianas e grandes empresas, por conta allea ou propia, adicadas á fabricación e á instalación de elementos de carpintaría e moble, así como á aplicación de produtos de acabamento e tapizado de mobles en xeral.

Para completar esta información descarga o seguinte documento: