Viveiro de empresas

Que son os viveiros de empresas?

Un viveiro de empresas é un espazo onde desenvolver e poñer en marcha un proxecto empresarial. É a referencia para o emprendemento na súa área de influencia.

Que servizos ofrece un viveiro de empresas?

Todos os servizos que se ofrecen desde estes viveiros son gratuítos e serán os axeitados en cada unha das fases nas que se atope o proxecto.

Asesoramento

  • Por parte do profesorado que imparte formación relacionada co sector.
  • Do persoal técnico especialista para avaliar a viabilidade técnica e económica do proxecto.
  • Titoría polo coordinador ou coordinadora de emprendemento, responsable do seguimento e orientación no proxecto.

Instalacións propias do viveiro.

Locais axeitados para o desenvolvemento das actividades das persoas emprendedoras no centro educativo onde se atopa o viveiro, á súa disposición no horario concordado co centro:

  • Mobiliario básico propio dunha oficina.
  • Equipos informáticos.
  • Acceso a internet.
  • Teléfono,fax, fotocopiadoras...
  • Gastos xerados no mantemento xeral.
  • Publicidade a través da páxina www.edu.xunta.es/fp

Quen pode acceder a un viveiro?

Poden acceder todas as persoas que reúnan algún dos seguintes requisitos:

  1. Alumnado matriculado nalgunha ensinanza sostida con fondos públicos de Galicia de: Formación Profesional, Artes plásticas e deseño; superiores de Deseño; de Conservación e restauración de bens culturais; de Arte Dramática; de Música; de Danza; Deportivas; Bacharelato e Educación Secundaria para Persoas Adultas (ESA).
  2. Persoas que finalizaran nos últimos catro anos os estudos mencionados no apartado a).