Información Xeral
Valoramos a túa experiencia laboral e formación
No ámbito do sistema educativo da Comunidade Autónoma de Galicia, ponse en marcha un procedemento dispoñible permanentemente para a avaliación e a acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación, flexibilizando o procedemento para posibilitar a realización dos obxectivos establecidos no Plan de Modernización da Formación Profesional, ao abeiro do establecido no Real decreto1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral, e no Real decreto 143/2021, de 9 de marzo, polo que se modifica o Real decreto1224/2009, para unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.
Requisitos de participación no procedemento
1. Posuír a nacionalidade española; atoparse incluído como persoa residente comunitaria ou familiar deste, no ámbito da aplicación do Real decreto 240/2007, do 16 de febreiro, sobre entrada, libre circulación e residencia en España de persoas cidadás da UE; ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor.
2. Ter 18 anos, para as unidades de competencia de nivel 1, e 20 anos para as de nivel 2 e 3.
3. Ter experiencia laboral e/ou formación non formal relacionada coas competencias acreditables.
a. Experiencia laboral.
i. Unidades Competencia de nivel 2 e 3. Xustificaranse polo menos tres anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total, nos últimos 15 anos.
ii. Unidades Competencia de nivel 1. Xustificaranse polo menos dous anos, cun mínimo de 1.200 horas traballadas en total, nos últimos 15 anos.
b. Formación non formal.
i. Unidades Competencia de nivel 2 e 3. Xustificaranse polo menos 300 horas, nos últimos 10 anos.
ii. Unidades Competencia de nivel 1. Xustificaranse polo menos 200 horas nos últimos 10 anos.
4. As persoas candidatas non poderán estar matriculadas nun ciclo de formación profesional ou realizando formación profesional para o emprego, conducente á acreditación das unidades de competencia nas cales solicita a súa inscrición. Tampouco poderán posuír ou estar en condicións de obter un título de formación profesional ou un certificado de profesionalidade que conteña a/s unidade/s de competencia que solicita, nin as súas equivalentes ou a acreditación parcial das unidades de competencia que solicita. Ademais, non poderán estar inscritas noutro procedemento de recoñecemento da experiencia profesional, ou nas probas libres para a obtención do título de formación profesional, levado a cabo por calquera Administración ou organismo público, conducente á acreditación das mesmas unidades de competencia que solicita.
Solicitudes
A solicitude de participación deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica cubrindo previamente os datos no sistema de información ACREDITACION, desde onde deberá xerarse o formulario normalizado que se presentará necesariamente na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365.
Máis información:
ARA para Empresas ou Entidades
Para aquelas empresas ou entidades que conten con un volume de persoal traballador importante que desexe acreditar a súa experiencia, a Consellería de Educación pon a súa disposición un procedemento ARA centralizado que simplifica e axiliza os trámites.
Para máis información poden solicitala ao Centro ou no seguinte enderezo: fp.empresas@edu.xunta.gal