Bolsas de Estudos e de Traballo

BOLSAS DE ESTUDOS

O Ministerio de Educación do Goberno de España convoca cada ano bolsas e axudas para o estudo nas diferentes etapas educativas.

Para os estudantes de Formación Profesional establécense bolsas de diferentes contías e tipos en función das condicións académicas e familiares da persoa solicitante.

A solicitude de bolsa faise de xeito telemático:

Pódese obter información sobre requisitos, contías, documentación a presentar, etc...pódese consultar a páxina www.mecd.gob.es.

O prazo de solicitude soe abrirse no mes de agosto.

Tamén se convocan bolsas de estudo para alumnado con necesidade específicade apoio educativo. Neste enlace atópase toda a información e o acceso á aplicación para cumprimetar a solicitude.

BOLSAS DE TRABALLO

No arquivo que se xunta pódese consultar información sobre bolsas de traballo para titulados e tituladas de FP.