CS Sistemas de telecomunicacións e informáticos

  • Grao: Superior (LOE)
  • Duración: 2000 horas. (Dous cursos).
  • Que título se obtén?: Técnico/a superior en sistemas de telecomunicacións e informáticos

Que se aprende a facer?

Desenvolver proxectos así como xestionar e supervisar a montaxe e o mantemento das infraestruturas comúns de telecomunicacións e de sistemas e equipamentos de telecomunicacións tales como redes de banda larga e de radiocomunicacións fixas e móbiles, sistemas telemáticos, de producción audiovisual e de transmisión, a partir da documentación técnica, da normativa e dos procedementos establecidos, asegurando o funcionamento, a calidade, a seguridade e a conservación ambiental.

En que ámbitos se traballa?

Empresas públicas e privadas do sector de servizos adicadas ás telecomunicacións, a integración de sistemas, redes de banda larga, telemática e medios audiovisuais, persoal desenvolvedor de proxectos, integrador de sistemas e supervisor da montaxe e o mantemento das instalacións e infraestruturas, tanto por conta propia como por conta allea.

Para completar esta información descarga o seguinte documento: