Bolsa de Estudos

O Ministerio de Educación do Goberno de España convoca cada ano bolsas e axudas para o estudo nas diferentes etapas educativas. Para os estudantes de Formación Profesional establécense bolsas de diferentes cuantías e tipos en función das condicións académicas e familiares do solicitante.

A solicitude de bolsa faise de xeito telemático no seguinte enderezo: https://sede.educacion.gob.es, no apartado correspondente a “Trámites y Servicios” ou no enderezo electrónico https://sede.educacion.gob.es/portada.html.

Pódese obter información sobre requisitos, cuantías, documentación a presentar, etcétera na páxina www.mecd.gob.es

O prazo de presentación para estudos non universitarios remata o 30 de setembro.