Coordinación TIC

O grupo de traballo de Coordinación TIC ten as seguintes funcións:

  1. Colaborar na implantación, no desenvolvemento e no mantemento dos recursos tecnolóxicos do centro, e nos programas de formación do profesorado.
  2. Fomentar a participación do profesorado na creación de proxectos e actividades de I+D+I, co uso das novas tecnoloxías e a súa difusión no centro.
  3. Establecer as relacións necesarias coas administracións, entidades, empresas e institucións para o desenvolvemento de actividades ou proxectos relacionados coas novas tecnoloxías.
  4. Promover e coordinar a elaboración e a actualización da páxina web do CIFP.
  5. Establecer canles para a difusión e o intercambio de experiencias, proxectos e información con outras entidades educativas.
  6. Colaborar coa xefatura da área de Administración, na xestión e no mantemento dos recursos dispoñibles, así como na adquisición de equipamento.
  7. Velar polo mantemento das instalacións e do equipamento informático.
  8. Realizar propostas para o establecemento das normas de uso das tecnoloxías da información dispoñibles no centro.
  9. Apoiar ao profesorado na integración das TIC nos programas formativos.
  10. Aquelas funcións que lle asigne a xefatura do Departamento de Calidade e innovación, dentro do seu ámbito de actuación.