CS Automoción

  • Grao: Superior (LOE).
  • Duración: 2000 horas.
  • Que título se obtén?: Técnico/a superior en automoción.

Que se aprende a facer?

Organizar, programar e supervisar a execución das operacións de mantemento e a súa loxística no sector da automoción, diagnosticando avarías en casos complexos, e garantindo o cumprimento das especificacións establecidas pola normativa e polo fabricante do vehículo.

En que ámbitos se traballa?

No sector de construción e mantemento de vehículos, nos subsectores de automóbiles, vehículos pesados, tractores, maquinaria agrícola, de industrias extractivas, de construción e de obras públicas. Compañías de seguros. Empresas fabricantes de vehículos e compoñentes. Empresas dedicadas á inspección técnica. Laboratorios de ensaios de conxuntos e subconxuntos de vehículos. Empresas dedicadas á fabricación, a venda e a comercialización de equipamentos de comprobación, diagnose e recambios de vehículos. Empresas de flotas de alugamento de vehículos, servizos públicos, e transporte de pasaxeiros e de mercadorias.

Para completar esta información descarga o seguinte documento: