CM Instalación de telecomunicacións

  • Grao: Medio (LOE).

  • Duración: 2000 horas. (Dous cursos).

  • Que título se obtén?: Técnico/a en instalación de telecomunicacións.

Que se aprende a facer?

Montar e manter instalacións de telecomunicacións e audiovisuais, instalacións de radiocomunicacións e instalacións domóticas, de acordo coa normativa, a regulamentación e os protocolos de calidade, seguridade e riscos laborais, de maneira que se asegure a súa funcionalidade e o respecto ambiental.

En que ámbitos se traballa?

En microempresas e en pemes, maioritariamente privadas, por conta propia ou allea, nas áreas de montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicación, instalacións de circuíto pechado de televisión e seguridade electrónica, centrais telefónicas e infraestruturas de redes de voz e datos, sonorización e megafonía, instalacións de radiocomunicacións, sistemas domóticos e equipamentos informáticos.

Para completar esta información descarga o seguinte documento: