CM Atención a persoas en situación de dependencia

  • Grao: Medio (LOE).
  • Duración: 2000 horas. (Dous cursos no réxime ordinario).
  • Que título se obtén?: Técnico/a en atención a persoas en situación de dependencia.

Que se aprende a facer?

Atender as persoas en situación de dependencia no ámbito domiciliario e institucional, co fin de manter e mellorar a súa calidade de vida, realizando actividades asistenciais e non asistenciais, psicosociais e de apoio á xestión doméstica, aplicando medidas e normas de prevención e seguridade, e derivándoas a outros servizos en caso necesario.

En que ámbitos se traballa?

No sector de servizos ás persoas, de carácter asistencial, psicosocial e de apoio á xestión doméstica.

Para completar esta información descarga o seguinte documento: